Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta a Xulio Xiz

jueves, 15 de febrero de 2007
Amigo e compañeiro Xulio: na túa OPINIÓN titulada “Orozco de Abel Vilela” dás unha información que non se corresponde coa realidade ó dicir que para a praza de Cronista Oficial de Lugo Felipe Arias, agora Director Xeral de Patrimonio, foi promocionado polo BNG. O certo é que o BNG propuxo a candidatura de Adolfo de Abel Vilela como podes comprobar na documentación pertinente do Concello ou, se o prefires, no arquivo do Club Cultural Valle-Inclán. Mellor, podes preguntar a calquera das persoas que acudimos á chamada do BNG, en agosto-setembro de 2004, e na que, no Uxío Novoneyra, Fernando Blanco, Branca Rodríguez Pazos e Neves Núñez nos pediron o apoio das asociacións que representabamos para a candidatura de Adolfo. Tamén podo informarte que, nesa reunión, alguén dixo “nós xa temos presentado ó noso candidato”.

Felipe Arias Vilas, entón Director do Museo de Viladonga, foi presentado como candidato para Cronista Oficial de Lugo polo Club Cultural Valle-Inclán e outras asociacións culturais, de ensino etc... e por elo estou en condicións de afirmar que non era o “tapado de Orozco”, como teño oído en máis dunha ocasión, nin foi “promocionado por Orozco”, como ten aparecido na prensa. O que sí puido dicir Orozco tralas votacións para a terna que, a vista dos resultados, Felipe Arias Vilas era, claramente, o Cronista Oficial de Lugo, feito que non se deu ata o momento. Recordarás que os representantes de 15 colectivos cidadáns, baixo a presidencia de Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega, concederon 10 votos para Felipe Arias Vilas; 9 votos para Adolfo de Abel Vilela; 7 votos, tras varias votacións para o desempate do terceiro membro da terna, para Xulio Xiz Ramil. Falta a prometida decisión da Corporación Municipal.

Vintecinco meses despois (a terna votouse o 14 de xaneiro de 2005) o Club Cultural Valle-Inclán, con Achádego Teatro, Ágora Cultural e María Castaña vimos de presentar unha pregunta ó Alcalde Presidente do Excmo Concello de Lugo sobre a situación na que se atopa o tema do Cronista Oficial da Cidade de Lugo

Pola verdade sempre, unha aperta de amiga. Tonina Gay. Presidenta do Club Cultural Valle-Inclán.
Gay Parga, Tonina
Gay Parga, Tonina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES