Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bombas, octavillas e axuda humanitaria

jueves, 20 de septiembre de 2001
Escribo desde Galicia, quizais a 10.000 km. de distancia do lugar donde a aviación Usa ven de bombardear por erro unhas instalacións da Cruz Vermella.

O que non se ve -non se transmite- non existe. E os que vivimos en directo, vía satélite, o ataque e derrubamento das torres xemelgas símbolo do maior poder económico mundial, tivemos evidencia certa do feito, e todos fomos aquel día norteamericanos, e sofrimos como en carne propia aquela traxedia.

Soubemos logo que o que este día aconteceu en Usa era a horrorosa celebración dun cabodano: O 11 de setembro cumpríanse 80 anos do primeiro asentamento xudeu en Palestina.

Pero se a traxedia de Nova Iorque foi transmitida en directo, o horror que agora sofre o pobo afgano non se pode percibir polos sentidos físicos, sí pola intuición, polo sentido común, polo sexto sentido.

E caen as bombas, caen octavillas, cae axuda humanitaria (¡que a túa man dereita non saiba o que fai a esquerda!) mesturado todo sen saber que é o que chega a cada quen.

De novo “Sangue, suor e bágoas”. Como unha nova versión cinematográfica: “Teléfono rojo. Voamos cara a Kabul”.

A dez mil quilómetros de distancia máis ou menos, en Galicia, onde as guerras son outras, estamos en campaña electoral. Nin bombas nin octavillas: Só palabras máis ou menos subidas de tono. Afganistán queda moi lonxe.

Se non fose polos telexornais, a vida sería case normal. A vida segue.

Coido que se chama “Liberdade duradeira” esta campaña que se anuncia dura e longa. Que non vemos pero sabemos que existe. Que reafirmará líderes e lideratos. Só faltaría que Bush chegase a dicir o que din que dixo Franco cando lle mataron a Carrero Blanco: “Non hai mal que por ben non veña”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania