Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Raimon, imprescindible

miércoles, 16 de noviembre de 2016
Quíxenme erguer hoxe contento mais a vida dáme o golpe do mundo, compartido coa xente de ben, coa vitoria de Donald Trump. Non o entendo e non sei se quero entendelo, desgraciadamente, sei un pouquiño de historia e de personaxes tráxicos que tomaron o poder democraticamente...

Paralelamente a esta nova, recibimos outra que é a retirada definitiva de Raimon dos escenarios. Para min vaise un auténtico pedagogo poético que inspirou versos de Manuel María e que nos ensinou que a paz e moitísimo máis que unha ausencia de violencia explícita. Quen nos impulsou aos ventos do maio do 68, pide unha merecida xubilación nuns tempos que precisan do cumprimento daquelas aspiracións para opoñerse con firmeza a un mundo que teima en repetir os seus erros máis tráxicos.

Na poesía de Raimon hai versos que poden ser pancartas de hoxe en día como por exemplo, aquel “dáste conta amigo que nolo rouban cada día?” ou aquel outro que dicía “non me xirei mentres te cruzabas e sentín un gran orgullo de home, non estás só, non estamos sós, somos moitos máis dos que queren e din”. A forza da poesía que trouxo a liberdade non pode apagarse cando máis falla fai. A montaña está vella pero aínda temos que deitala para que nunca
máis poidan dividir persoas castrando liberdades.

Con Raimon moita xente forxou un non colectivo ao mundo que trataban e tratan de impoñer como progreso. Hoxe, máis que nunca e coma sempre, é preciso volver berrar o non construtivo e cheo de valores de Raimon. Non ao medo, non ao silencio, non á violencia, non á fame que é pan de poderosos, non á seguridade que nos castra, non a ese mundo no que a igualdade da oportunidades se volve un dereito de consanguinidade que retorna traxicamente ao antigo réxime. Non “nós non somos dese mundo”.

Hoxe engado outro non para berrar ben forte pola paz e pola prosperidade: non a esquecer a voz pedagóxica, imprescindible de Raimon porque nela volve abril florido a devalar nun maio de liberdade. Sempre “al vent del món”.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES