Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha casa non é un fogar

jueves, 15 de febrero de 2007
A raiz básica da afirmación, que identifica unha histórica creación literaria e audiovisual, é tamén aplicable á actualidade do noso urbanismo, especialmente na costa, tan de actualidade nos últimos tempos pola invasión de espacios naturais.

A construcción desaforada nalgúns concellos galegos, fixo case desaparecer as zonas inmediatas ás praias, fabricando por milleiros novas casas, apartamentos, adosados ou pisos para proporcionar casa que só será fogar de segunda, para vacacións ou fins de semana.

A Xunta tomou cartas no asunto e moi axiña entrará en vigor a disposición que prohibirá construir en 87 concellos costeiros a menos de cincocentos metros da liña de praia.

Dada a situación do mercado das segundas vivendas, non é probable que se produza maior encarecemento, tendo en conta que hai moitos lugares nos que os precios chegaron a 3.000 € metro cadrado construido, co que a referencia a “unha casa in cima il mondo”, ven ser moito máis ca unha referencia xeográfica e musical.

E se de cancións falamos, máis doado vai resultar mercar “unha casiña en Canadá”, ca buscar refuxio plaieiro, en misión case imposible.

Se a medida vale para poñer freo á locura constructiva dos últimos tempos, veña con ben. Que unha casa pode non ser en plenitude un fogar , pero que alomenos sexa un lugar que non invada propiedades colectivas, onde se poida respirar, e non signifique un dogal progresivo para quen ouse aspirar a unha segunda vivenda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania