O final da conta atrás
Editorial - miércoles, 14 de febrero de 2007
Somos un país subvencionado. A entrada na U.E. foi para Galicia un bo negocio, se atendemos ás cantidades que a Comunidade envía anualmente co fin de iguala-lo noso nivel ó da media dos países asociados.
Naturalmente que estas aportación tiveron e teñen a súa contrapartida: Os barcos, a pesca, o leite... Tributos a pagar por formar parte do grupo dos países desenvolvidos que algún día conformarán os Estados Unidos de Europa.
As axudas van a menos. As autoridades económicas veñen de facer as contas, e Galicia vai percibir entre 2007 e 2013 algo máis de 5.300 millóns de (760 millóns ó ano), que para o goberno galego supón unha baixa de arredor do quince por cento sobre a situación anterior, mentras que para o P.P. a baixa é de arredor do vinte.
Porcentaxes aparte, estamos na conta atrás das axudas europeas ó subdesenvolvemento galego, ben porque as aproveitemos e nos desenvolvamos, ben porque hai outras zonas, especialmente as de recente ingreso, que o necesitan máis ca nós.
O final da conta atrás non está tan lonxano. Xa estamos nunha prórroga, coa que non se contaba. O final da conta atrás debe atoparnos preparados, desenvolvidos, capaces de seguir adiante sen agardar polas esmolas que poidamos percibir.
Coma na película, O final da conta atrás, volveranos moi axiña á realidade. Consigamos, antes desa volta, que non sexa moi dura a caída.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora