Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Candidatos de moi baixa ralea

martes, 15 de noviembre de 2016
Desde o Preguntoiro:
Candidatos de moi baixa ralea

Que negra sombra nos agarda neste novo século que nos tocou vivir, cando temos nalgúns gobernos de Occidente uns gobernantes dunha mediocridade manifesta con uns intereses definidos marcados pola batuta que dirixen as grandes corporacións e as grandes finanzas.

Agora sae elixido un presidente de EEUU chamado Donald Trump que está para atar. Que optimismo podemos ter o ser humano ante este elemento do Imperio, cando fai propostas e declaracións xenófobas, islamófobas, misóxinas, e parte do mundo xa o considera un fascista de coidado.

Porén, o partido Demócrata presentou a unha muller: a Sra. Clinton. Ah, claro, nin Obama nin Hillary falan con mensaxes xenófobos, homófobos ou sexistas, eles sempre moi pulcros na linguaxe, pero si que os veñen aplicando e apoiando tanto desde que gobernan.

Obama non cumpriu nada do que prometeu: arrasou Libia e cando provocaron o magnicidio do presidente Gaddafi (asasinato que a Hillary estourou en gargalladas). Financiou a grupos terroristas como Daesh (Estado Islámico) e o fronte Al Nusra para roubar o petróleo de Irak e Siria, provocando unha guerra incruenta que xa leva máis de cinco anos e 200.000 mil mortos, apoiou os golpes de estado en Honduras, Paraguai, e intentou facer o mesmo en Ecuador, declarou a Venezuela como “unha ameaza inusual e extraordinaria para xustificar en calquera intre un ataque e así poder acadar a maior reserva de petróleo do mundo e promoveu a destitución de Dilma Rousseff en Brasil.

Non me alegra que gañara este multimillonario cos seus insultos a toda a comunidade hispana. Pero alégrome que perdera a fundadora dos grupos terroristas do Estado Islámico, que burlouse do asasinato de Gaddafi e toda a masacre que deixou en Libia. O mundo enteiro rexeita a este Trump e falan que é un “fascista”. ¿Pero non foi esa a política de EE.UU. nos últimos 200 anos?. Política de terra queimada en moitos países.

O máis triste de todo que os estadounidenses tiveran que elixir entre un fascista e unha belicista de coidado, candidatos de moi baixa ralea. Máis triste é, que o destino dese país estea nas mans de xente tan cavernícola. O peor de todo isto é, que moitos dos nosos gobernantes de Europa seguen a eses directores de orquestra aínda que desafine.

Porén, moita xente do Estado Español non chega a comprender o triunfo de Trump e como chegou a presidente de EE.UU; terían que lembrar aquilo de: “...Luís se fuerte...”, o do PP nos tribunais, o disco duro esnaquizado, a sede do PP rexistrada pola policía, Gürtel, Suiza, Panamá, Valencia encharcada como unha esterqueira de corrupción mafiosa, etc... desta maneira tampouco entenderían como é posible que Rajoy volva á Moncloa, e para máis inri, apoiado polo partido que se di de esquerdas. Se ollamos punto por punto as políticas reais do PP aplicadas neste “Reino de España” coas que propón Trump, seguro que imos levar algunha que outra sorpresa. De primeiro “alguén” cargouse a Sanidade Universal, aplicando políticas en favor das privatizacións dos servizos básicos esenciais, suma e segue.

Xa fai anos que a parella neoliberal de Reegan e a Thacher xa ían preparando o século XXI Cambalache; herdando hoxe toda esta desfeita que estamos padecendo do ultraneolibaralismo salvaxe que non nos vai levar a ningures, soamente a unha destrución apocalíptica se non aparece un milagre.

Luís Eduardo Aute fai uns anos lembrábanos: aquel poema: “...Siglo XXI Cambalache y febril..... anunció Santos Discépolo, un poeta del 2000 y profeta en aquel tango que cantó a la corrupción..... para entonces no serán lo mismo un sabio que un traidor; el más judas será el que se suba al podio del honor. La mentira será ley y el simulacro institución, el cohecho por derecho y por la santa comisión..... el chorizo irá embutido en su Mercedes oficial y el trilero montará su atril en la Trilateral...". Por desgracia xa estamos padecendo todo o que o poema nos di, se o analizamos, ollamos como xa en este país está acontecendo a marchas forzadas, onde a mentira xa é lei.

¿Será isto o que no futuro lle agarda ao ser humano neste pequeno mundo?. No momento en que perdemos tódolos valores que nos diferencian das demais especies que conviven connosco neste planeta, nese intre rematamos como seres humanos, se antes non rematamos con este mundo chamado Terra.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES