Toma de posesion do Presidente Feijóo
Núñez Feijóo, Alberto - domingo, 13 de noviembre de 2016
Nesta praza maior de Galicia, de España e de Europa, diante dunha das maiores expresións do noso espírito colectivo, saúdo a todos os galegos de Galicia, de España, de Europa e do mundo. Así como ao primeiro ministro do Goberno de España, que tamén é un galego.
Na Galicia de hoxe non hai derrotados nin vencidos. As urnas son afluentes dun mesmo río que é Galicia. Todos os votos, ideas, sensibilidades e inquedanzas son a materia prima para construír o noso país.
O futuro non pode prescindir de ninguén. Galicia é unha síntese. Galicia é un acordo. Galicia é un gran Camiño onde van parar outros máis pequenos pero necesarios.
A catedral que nos preside é unha obra colectiva feita por galegos. Por obreiros, por escultores, por arquitectos galegos. Moitos dos seus nomes esquecéronse, pero o seu traballo quedou impreso na pedra para toda a eternidade.
Hai outra grande obra, labrada tamén durante séculos, que é a convivencia. Galicia está feita de camiñantes que nunca se paran, que fan da palabra o seu bordón e perseguen un mesmo xubileu.
Igual que o camiñante, o galego agrúpase. Igual que o camiñante, o galego nunca se dá por vencido, non desanda a ruta, nin se sente só. Igual que o camiñante, o galego é solidario, axuda, comparte. Ningún galego pode ser indiferente a outro galego.
Xunto ao Pórtico da Gloria do Mestre Mateo, hai moitos máis que constrúen os galegos traballando en man común todos os días.
O Pórtico e a fachada do Obradoiro son un símbolo galego de alcance universal.
Quen o fixeron aspiraban ao mesmo que aspiramos nós tantos séculos despois.
Queremos que Galicia estea no mundo, e que o mundo estea en Galicia.
A Galicia que definimos entre todos, quere ser partícipe, protagonista, autora dos cambios e transformacións que nos deparan o presente e sobre todo o futuro.
En esta plaza mayor de España, y en compañía del presidente de España, saludamos a los pueblos que forman con nosotros una patria común asentada en la historia, pero sobre todo en la democracia y en el autogobierno de sus comunidades.
La España que formamos con todos ellos es solidaria y plural. En ella no hay ni puede haber privilegios injustos.
Esa España refuerza lo que somos porque nuestra manera de ser españoles es pensar, sentir y actuar como gallegos.
Nesta praza maior de Europa, saudamos aos europeos que comparten a maior aventura de liberdade e progreso que coñeceu a historia.
Desde este centro dos valores europeístas pedimos que esa unión que segue sendo, malia todo, un oasis de convivencia e prosperidade, non se deteña.
Europa é mais que unha moeda, un mercado, unha política común. Europa debe ser ese sentimento que aquí experimentaron e experimentan peregrinos que se buscan a si mesmos.
Estamos habitando os soños dos nosos pais, e soñamos a Galicia dos nosos fillos.
Galicia é a terra onde os soños son posibles, e as utopías poden ser reais.
Aquí está o soño dun rapaz dos Peares que segue sentindo o aloumiño da súa familia e das súas xentes.
Un rapaz que aprendeu que as pontes son un elemento consubstancial á paisaxe de Galicia, e que agora, modesto militante da súa xente, sabe que outras pontes humanas e políticas son imprescindible para facer un país.
Galicia son camiños e son pontes. Os galegos transitan por eles, reducen distancias, salvan foxos que parecían inexpugnables para unirse, xuntarse e , como dixo Curros Enríquez.
Velaí a herdanza que recibimos dos nosos pais e o testemuño que pasaremos aos nosos fillos. Mentres esta transmisión se manteña, Galicia desafiará ao tempo e ás dificultades.
Galicia é unha nacionalidade que elixe sen deixar feridas nin .
Aquí non hai razóns para que uns digan que non senten como seu a un presidente, e outros afirmen que non senten como seu ao pobo.
Todos os presidentes e todos os pobos son nosos. A democracia son unhas institucións e unhas normas, pero sobre todo uns valores que os galegos temos moito antes de que a liberdade quedase consagrada na Constitución e no Estatuto.
Galicia somos todos.
Empezando polos galegos que sofren unha vida precaria ou dependente, as maltratadas, os que están fóra contra a súa vontade, os emigrantes nosos e os inmigrantes tamén nosos que chegan aquí buscando dignidade.
Todos forman ese país con experiencia e esperanza que hoxe inaugura unha nova xeira, baixo a protección dun Apóstolo fiel a unha terra que fixo súa.
Xa non somos a terra onde remataba o mundo. Galicia non é un final, senón un principio. Non é un epílogo, senón un limiar, un gran Pórtico que da entrada á liberdade, á convivencia e á prosperidade. Así queren os galegos que sexa. Así será coa axuda de todos. Porque Galicia somos todos. E todos os galegos de hoxe temos que dar o mellor de nós mesmos para os galegos do mañá.
¡Viva Galicia!
(Palabras de Alberto Núñez Feijóo, no acto de toma de posesión como Presidente de Galicia).

Núñez Feijóo, Alberto