Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cerebros infantís tan diminutos

viernes, 11 de noviembre de 2016
Ao final aquel prócer excesivo tiña razón. Os fillos da clase dirixente conseguen mellores traballos e aproban oposicións porque son máis intelixentes. Esa afirmación ten máis que ver co estómago que co cerebro: con este baleiro, aquel só pode pensar en comida.

No documental sobre inseguridade alimentaria “A place in the table” o lexislador J. McGobern define o problema: ‘A perda de potencial humano é terrible. Rapaces marcados pola fame poderían ter sido líderes, grandes científicos… pero o seu impacto arruina e debilita a nación”.

O cerebro humano é plástico e, o dos máis pequenos, moi delicado. Se non se estimula, se non é alimentado xamais desenvolverá o seu potencial. Un cerebro xibarizado non pode estudar, non pode formarse.

As calorías son o combustible da intelixencia. A fame impide pensar. Ancora no presente, a pensar só na próxima comida. Con fame non hai futuro. A falta de comida e de coidados golpea sobre todo a menores de tres anos. Un neno que non come ben perde oportunidades de formar as neuronas necesarias, de amoblar o cerebro. E o seu futuro xamais será o que puido ter sido.

Os primeiros anos son claves na epopea humana. Mal alimentados non medrarán como deberan e serán diana de enfermedades. E os seus cerebros non completarán o desenvolvemento. A falta de comida e de coidados nos primeiros anos marcarán a súa vida.

Estudos recentes afirman que a materia gris desenvólvese peor nas familias sen recursos. Ata os políticos máis torpes deberan sospeitar a estreita relación entre pobreza e rendimento escolar. Pero o que vemos camiña en sentido contrario: unha aposta pola desigualdade.

Un estudo de JAMA Pediatrics mostra que ‘os problemas de desenvolvemento cerebral dos nenos pobres explicaría ata o 20% do baixo rendimento escolar’. E que ‘as estruturas do cerebro destinadas a procesos críticos para a aprendizaxe son vulnerables a situacións de pobreza, escasa estimulación e nutrición deficiente’. Só ‘a mellora do entorno pode cambiar o vínculo entre pobreza infantil, deficiencias cognitivas e rendimento escolar.’ Joan Luby alerta da ‘alta vulnerabilidade e adaptabilidade do cerebro en desenvolvemento’. De aí ‘a importancia de mellorar o entorno dos nenos na ventá de oportunidade dos primeiros anos’ apostando por políticas públicas para disminuir a desigualdade.

Como se bota agora en falta aquí e agora, a benéfica e imprescindible labor de Preescolar na Casa! Políticas cortopracistas, desnortadas e irresponsables puxeron fin a unha labor pioneira en Galicia. A cambio de nada.

Tiña razón o político aquel. Os fillos que aproban oposicións non son mellores, só están máis estimulados e mellor alimentados. Nenas e nenos vítimas das políticas de desigualdade, terán cerebros diminutos.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES