Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rapaces políticos

martes, 13 de febrero de 2007
Invertindo os termos soa peor: Políticos rapaces.

Falamos de rapaces e rapazas que se dedican á política, que en Galicia son, proporcionalmente só metade dos que o fan en toda España. En España, o 6% dos mozos están afiliados a un partido político. En Galicia, somente un 3%.

Hai que recoñecer que o oficio de político non está ben considerado, por falta de tradición ou historia democrática, e polos malos exemplos que temos recibido a tódolos niveis e en tódolos sectores.

8.500 rapaces galegos entre 15 e 29 anos están afiliados a Novas Xeracións do Partido Popular, 6.000 ás Xuventudes Socialistas de Galicia, e 2.000 Galicia Nova, o que totaliza 16.500, ou sexa o tres por cento dos menores de trinta anos.

Destes rapaces sairán os novos gobernantes do futuro, unha mínima élite política concienciada e con ideas, que será a que renove todo o aparato partidista que moven as tres principais forzas políticas. Todo o que ahí non estea, será testimonial. E son só un mínimo 3%, que en calquera outra área do coñecemento, do traballo, do capital, sería inapreciable, mínimo.

É bo que os rapaces se preocupen pola política. Eles son os chamados a cambiar os malos modos, os xeitos rapaces, os aproveitamentos e os desarreglos en xeral.

Moito teñen que facer. E son moi poucos. Agardemos que, a pesar do número, a calidade prime por riba da cantidade, e saneen un panorama que precisa renovación a berros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES