Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 15 de noviembre de 2016
Os palleiros da inocencia

Deixo que o aire circule por entre os pensamentos dun soño, mentres o canto dunha chicharra vaia de aquí para alá ou dun lado para o outro. Nunca se sabe ben por que cando cambiamos de dirección o facemos practicamente de forma repentina. Quizais o instinto pica nas neuronas da memoria ou a inercia opta por ir por libre. Deixo que o aire leve o po dos meus recordos, porque non sempre adoitamos lembrar o que fixemos. Ás veces tamén é certo que non facemos, que deixamos que a nugalla se apodere da nostalxia. Ou da melancolía. E co bonito que é soñar por entre os palleiros da inocencia. Non quero que a noite me pille escribindo sobre os tornaratos dun canastro nin ser testemuña dos azos dun covarde. Cada un vai pola vida ou polas airas da súa morriña, ou sexa, da súa existencia. Deixo que o aire busque por entre os palleiros da inocencia o pecado dun inocente que se sente culpable.Pingas de Orballo


No Supermercado

Indalecio Sillón Mesa colleu camiño do supermercado porque tiña que mercar para comer. Lembraba cando a súa nai lle dicía que para vivir hai que comer. E Indalecio sempre lle tivo moito respecto á súa nai. Claro que cando non llo tiña, zas, labazada que estouraba na súa cara. "A letra con sangue entra, meu neno", tamén lle espetaba. Indalecio Sillón empezou pola sección de verduras para coller un repolo. Sobre o repolo necesitariamos toda unha conferencia para saber o que realmente sentía polo mesmo o noso protagonista. Colleu café, colleu unha barra de pan. Colleu cachos de carne mesturados de porco para comer co repolo. Colleu un bote de fabas. Colleu queixo e chourizas e xabón para lavar a louza e xabón para lavar a roupa. E pagou. Marchou para a casa asubiando unha canción dos anos sesenta.Pingas de Orballo
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES