Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 08 de noviembre de 2016
Algo máis que parente

Non ten nada que ver que a súa avoa fose curmá da miña nai. Non ten Pingas de Orballonada que ver, polo tanto, que sexamos aínda parentes. Chega con vela de cando en vez ou de Pascuas en flores ou de figos a béveras para saber que é algo máis. Cando vou a Baños de Molgas a ver ás miñas sobriñas, aí está ela. Sempre está ela. Ou fisicamente. Ou no feisbuq. Se lle dou uns bicos a Iria ou a Noa, tamén lle teño que dar uns bicos a Tere. Desde cativa. Desde nena. Sempre coas miñas sobriñas. Como non lle vou querer entón! Como non vai ser especial! É máis que unha simple emparentada. Cando dicimos parente xa se entende que é unha relación algo afastada do tempo. Pero dicir sobriña, olliño!, xa case é sangue do sangue. E Tere Iglesias Ferreiro, para min, é unha sobriña máis. Como non vai ser unha sobriña máis vendo a relación que mantén coas curmás mencionadas e co cariño que tamén me amosa cando me ve. Neniña, téñote como unha sobriña máis!


A escusa do tempo

Pingas de Orballo
Teño as mans frías. Teño os pés fríos. Vai frío. Cambiou o tempo. Entrou o inverno. Por fin! Certo, axiña nos cansaremos del. Pero algo hai que dicir. Ademais, sempre foi a escusa perfecta, o pretexto máis sinxelo para iniciar unha conversación con alguén. Logo do ola-que tal, sempre asoma o tempo climatolóxico. Sempre. Pois mira que frío. Pois vaia que sol. Despois si, despois xa cada un mexa fóra do cacho ou fala da morte da burra. Pero o xeo sempre o rompe o tempo. Entras a mercar o pan e, dálle, que non sei que da neve. Entras a tomar un café e, tumba, hoxe dan alerta amarela por, polo que sexa. Non digamos xa nun ascensor. Aí case nunca se fala con descoñecidos, pero se se fala, iso xa é matemático: o tempo. O tempo, é coma os burros ou as vacas en Galicia: que foron os que nos salvaron da miseria. O tempo é o que nos salva no inicio dunha conversa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES