Á beira do camiño: Fame que mata
Mato, Xesús - lunes, 12 de febrero de 2007
Norte/Sur. Mundos antagónicos. Verdugos/vítimas. A fame está matando ao Sur. Dos 870 millóns de famentos, 820 malviven no Sur. A desnutrición trae morte segura. Mans Unidas chama a acabar cunha das causas: Ti sabes ler, eles non; Podemos mudalo
A educación é a chave do desenrolo. O mellor antídoto contra a escravitude. Sen cultura non hai igualdade. Datos: 130 millóns de nenos sen escola (70% nenas); 960 millóns de adultos analfabetos (66% mulleres); mil millóns de pobres (60% mulleres). As mulleres, a peor parte. A pobreza ven do analfabetismo, da desigualdade, da exclusión.
Mans Unidas pide colaboración para proxectos concretos e urxentes no Ecuador, Sudán, Camboia. ¡Sempre o Sur! Non hai solución á traxedia ata que os epulóns/ricos do Norte non nos preguntemos pola nosa obriga cos lázaros/famentos do Sur. O dereito a vivir é o primeiro dos dereitos. Uns poucos do Norte impoñen á maioría do Sur ata o xeito de morrer. Acúsannos de que lles roubamos os bens e a vida. Ou hai salvación tamén para os pobres do Sur ou nona haberá para os ricos do Norte. A situación pode e debe ser mudada. A esperanza ten de ser construída entre todas as persoas humanas.

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora