Quieto todo o mundo!
Otero Canto, Xosé - lunes, 07 de noviembre de 2016
No PSOE mandan os que mandan e mandaron sempre. Alto aí! Quietos! Quieto todo o mundo! Militantes, a onde ides? Quen sodes vós? Abstención xeneral! Coidado, isto non é a eutanasia do partido, non, son os coidados paliativos. Entrouse nesta sala e a medicación empezou a darse a partires do hoxe; quere isto decir que o seu corpo, que non a alma, esta morrendo de morte natural.
O seu corpo estaba avocado ao fracaso e alárgaselle a eutanasia porque se houbera outras eleccións e se fixera unha escolla, un sesenta por cento dos deputados e senadores deixarían de cobrar. Así que, claro, sempre polos españoisseguiremos apañando as nosas soldadas, óbolos e esmolas outros doce ou dezaseis mesiños máis polo menos ou ata cando queiramos, que para iso estamos, e a cambio de iso levamos o partido á UCI: coas baixas dos militantes, coa achegada ao PP, co asasinato dun lider, coa hipocrisía do comité federal, coa decapitación en directo, co arredamento das bases, coa aristocratización dos exdirixentes e dirixentes, coa falta de credibilidade, co no es no, pero o no es sí.
Menudo partido democrático que non deixa o voto en conciencia e en consciencia.
Génova e Ferraz é o mesmo. Vendan vostedes unha sede e xunten as siglas en PPS. Sáquenlle o de obreiro e español, por iso de que as bases non teñen arte nin parte e veñan días e caian soldos, premios e recompensas.
Morte en Venecia. Morte presentida e morte estudada polas mans mouras, fillas do fracaso.

Otero Canto, Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora