Comercio de cores
Editorial - lunes, 12 de febrero de 2007
Hai unha campaña promovida polo correspondente departamento da Xunta de Galicia, para promocionar o comercio galego, para identificar o comercio galego, para diferencialo das grandes superficies, para que destaque a súa humanización fronte á despersonalización do autoservicio.
A diferencia está nas cores. Un comercio atendido de xeito persoal, ten unha cor determinada, a do seu propietario, a da xente que o goberna... E pode ser verde, azul, branco...
Mágoa que a campaña non se pense en galego e se remate totalmente no noso país. As cuñas radiofónicas emitidas en emisoras galegas carecen totalmente da nosa pronunciación e dos nosos acentos, resultando un produto que lonxe de achegarnos ós obxectivos da campaña produce un efecto totalmente contrario.
Escoitando as cuñas radiofónicas, as cores rúbensenos ás meixelas pola decepción que nos produce a forma da mensaxe... A cor do galego falante que escoita a mensaxe do comercio de cores é a bermella de vergoña. A ver se alguen lle pon remedio.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora