Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aldeas que morren

viernes, 09 de febrero de 2007
265 aldeas galegas están abandoadas na actualidade. Representan a metade dos pobos abandoados de España. E en camiño, 8.500 máis, que teñen menos de dez veciños, a metade na provincia de Lugo.

No 88 por cento das poboacións galegas morren máis persoas das que nacen. Só nunha cidade – Vigo – naceron máis nenos en 2006 que na totalidade dos 67 concellos lucenses.

Envellecemos. Galicia perdeu máis de 8.000 habitantes no decurso do pasado ano. As aldeas morren en detrimento das cidades e pobos. Hai pouco, era a atracción do pavimento, a calefacción, os supermercados, os colexios... Pero todo esto achégase a pasos axigantados ó rural. Sen embargo a desertización segue avanzando.

Imponse unha política de promoción do rural que recupere as zonas máis depauperadas, que rescate do esquecemento as aldeas, que fomente a vida fóra dos núcleos urbanos.

Somos a comunidade con maior número de pobos habitados de España; prácticamente a metade de todo o estado. ´Representa unha especial dificultade para dotalos dos servizos precisos. Pero tamén é unha riqueza histórica e social que debemos conservar e potenciar.

Frente ó abandono da aldea, políticas adecuadas para volver a identificarnos co rural; para impedir a morte de boa parte da xeografía humana de Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES