Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pintor Macía no Olimpo

miércoles, 02 de noviembre de 2016
Se as Gracias baixaran do Olimpo, estarían na pintura de Macía, que brilla entre os outros tesouros do “Circulo das Artes” de Lugo. Cando asitín ao parto das fillas de Zeus e de Hera; é dicir, presenciar a exposición, non puiden máis que quedarme exhorto entre a alegría de Eufrosina, a beleza de Aglaé e o ardor de Thalía contemplando os cadros deste mestre e amigo da alma.

Grazas, Macía, por ese ronsel de beleza, por eses azuis e vermellos que adoitan a profundidade da nosa alma reflectida na luz que a acompaña polos túneis da lembranza e que nos leva polos derroteiros das cidades vivas de coches e de luces e sombras coloridas no alén de nós e no alén das rúas. E todo flúe nas liñas e no entramado das cores que tantean ao lonxe a realidade imprecisa dos nosos ollos e que despois a mente, nun interim de beleza comparten e transportan ao raciocinio desa beleza, convertindo en alegría a todo aquilo que se exterioriza nas cores repasadas polo pincel dos ardores e da ardentía da luz.

Si, Macía, hoxe baixaron as “Tres Gracias” ao Círculo das Artes de Lugo: Eufrosina, Aglaé e Thalía; a beleza, a alegría e o ardor, para quedarse ensumidas e abstraídas ollándose a si mesmas a través da pintura do grande entre os grandes: O mestre e amigo Macía.

Os meus máis fervorosos parabéns.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES