Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre mentiras e verdades

lunes, 31 de octubre de 2016
Sobre mentiras e verdades
Recuncho Hebdomadario:
Sobre mentiras e verdades

Vale. Xa está. Xa temos de novo presidente do Goberno. E temos o mesmo, é dicir, que imos de mal en peor. Certo, é o que queremos. Perdón entón polo sentimento. Máis seguro que sexa eu o que erre nas cuestións poíticas. Se a maioría desexa que sexa presidente o señor Rajoy, quen son eu para levarlle a contra a esa maioría? Xa me chega ben ser a ovella negra para outras cousas. Así é que, hoxe en día, carneiriño branco, vale? E que Deus me colla confesado, que a gran maioría non precisan, polo que se ve, unha penitencia. Aínda que despois empecen coa ladaíña de que isto vai mal. Entón si, aí sería cando eu me lavase as mans. Veña, xa está, aquí paz e despois gloria. A guerra... que siga o PSOE con ela.

Vale. Xa está. Xa temos o Festival de Cine de Ourense en plena efervescencia. Aquí si me sinto carneiriño branco! Polo menos durante esta semana. Aquí nin critico a uns nin a outros, nin creo que a min me critiquen tampouco porque vexa tal ou cal película. Hai para darlle cun sacho e calquera entende que non se pode ver todo. Así é que escollo unha, vou, e punto. No festival, mirade por onde, se me coincide algunha política (que as hai) ata a acepto de corazón. Porque seguro que a política da película me ensina máis que a propia política que vivimos hoxe en día. Desenvolvo moito mellor os soños no festival que vendo o que acontece no plató do Congreso ou do Senado. Vaiche boa! Nin punto de comparación! O cine, que é todo mentira, amosa as auténticas verdades, mentres que na política, da verdade saen unha morea de mentiras.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES