Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Guitiriz de Cinema

lunes, 31 de octubre de 2016
A lenda da CHAVE DE BASCUAS #AChavedeBascuas de Bruno Pena e da historia trapeira de ENTRAR AOS VILARES #Entraraosvilares de Cibrán Tenreiro, son dous traballos audiovisuais de dous mozos de orixe chairega, orgullosos do noso pasado e que nos "proxectan" ao futuro. O primeiro filme, estreado o pasado venres, é unha obra ficción baseada nunha lenda e o segundo, que terá unha pre-estrea o día 12 de Novembro, é un documentario en clave experimental.

Ambos, agás a linguaxe audiovisual, pouco teñen en común en contidos e estrutura, máis sí no feito de que sexan iniciativas que nacen da nosa historia, do rural chairego, e en concreto localizadas en dúas parroquias de Guitiriz que pasa a convertirse deste xeito nun concello de cinema si a estas novidosas obras sumamos as iniciativas desenvolvidas desde os proxectos de Xosé Antón Cascudo e outros de 2014 vinculados ao poeta, o IES Diaz Castro e o Festival de cinema de Roca.

Nos tempos nos que a linguaxe audiovisual forma xa parte da nosa vida diaria, a literatura, a linguaxe escrita, vai da man da linguaxe audiovisual e a difusion e promoción do nóso, cobra unha nova dimensión. Guitiriz, con A Chave de Bascuas e Entrar aos Vilares abre un novo camiño en circuitos culturais pouco explorados e o rural chairego amosa deste xeito o seu dinamismo e actualidade.

Grazas a Bruno e a Cibrán polo seu traballo e a todos aqueles que o fixeron posíbel. Guitiriz, pedra e auga, tamén de cinema...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES