Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auditorio Municipal P. M. Feijoo en Outomuro

lunes, 31 de octubre de 2016
O recendo de Outomuro e Cartelle na música do compositor ofm ourensán.

O pasado 15 de outubro levouse a cabo na localidade ourensana de Outomuro o acordo do concello de Cartelle segundo o cal o Auditorio alí levantado levará o nome de Manuel Feijoo Sousa, franiscano, compositor, veciño e Fillo Predilecto desa aterra. Entre outros oradores falou o sobriño do músico, quen anda a publicar a obra do autor (xa saíron a luz dous tomos). Velaquí as súas verbas nesa ocasión.

Moi boas tardes:
Dona Carmen e señores concelleiros, tanto do grupo de goberno como da oposición, moitísimas grazas no nome do P. Manuel Feijoo, da súa familia e de todo o pobo.

Hoxe é a terceira vez que as xentes desta terra e da contorna nos axúntamos neste curruncho de Galicia para honrar a este home: fillo, veciño, cidadán “bo e xeneroso” deste pobo e deste concello, que, como proclama a escrita que figura á fronte do Parque Infantil, que vós e todos tamén lle tendes adicado cando o nomeastes fillo predilecto de Cartelle, paseou o nome da nosa terra polo mundo.
Auditorio Municipal P. M. Feijoo en Outomuro
Á xuntanza obrigada non quixeron faltar, mellor dito á provocaron, os verdadeiros fillos e mellores herdeiros daquel home grande, quen foron, e seguen a ser, depositarios privilexiados ó longo do tempo da súa grande obra, o “Orfeón Terra a Nosa”. Onda nós, nesta “terra ´a nosa”, están eles connosco, os mesmos que con Feijoo, por Feijoo e en Feijoo levaron por Europa, América e toda España non só o nome deste pobo, parroquia e concello, senón mesmamente, a nosa lingua, os nosos homes e mulleres, mesmamente os nosos costumes e paisaxe: porque iso foi e é a música do Manuel Feijoo Sousa.
Grazas a todos.

A música do P. Feijoo non se comprende sen esta terra, en primeiro lugar sen a Virxe do Mundil, que lle inspirou as 32 cancións da serie “Cantaille a María”, das que sobresae o “Salve Raíña, Nai Garimosa); sen a paisaxe, os labores, os oficios e as xentes de aquí, tampouco.// E así, por exemplo, Os moitos “cantos de cego” que aparecen na súa obra non son outra cousa, seino, orque el mo dixo en moitísimas ocasións, no son outra cousa, digo, que a agarimosa homenaxe ó seu amigo de infancia e de todo a vida, ó Antonio Lobo de Santa Cateliña, de cuxa voz de tenor e sorte malpocada se sentía admirador e compañeiro da alma.//E moi especialmente a panxoliña de “Os serradores”: un espetáculo de luz e son onde se enxerga a familia e os homes do serradero da Bría, as xentes que representaba o Celso de Regueiral naquel regato do mesmo nome ou os que serraban á beira do Puente da Ella. E temos que a partitura toda enteira ven sendo xa que logo, un canto e unha homenaxe de arume arpado a tanta madeira como aquí medraba e que logo preparaban o Sr. Odilo da Lagoa ou os anteriores propiaterios da fábrica de Espiñoso, tan amigos como máis tarde foron do P. Manuel en Santiago de Compostela: unha homenaxe ás sirena das chemineas do Bagullo, do Peto, da Seara e mesmo do Outeiro do Cuco de ahí abaixo: porque, non esquezamos, que tempos atrás este noso concello foi o concello rural de mayor produción de madeira de pino de toda a provincia de Ourense. Manuel Feijoo sabía. A el sempre lle interesaba o noso de todos. Boa persoa, bo cidadán, é o que recorda sempre as súas raíces e o seu cerne, e Feijoo recordaba a cotío que era de Outomuro e desta terra de Cartelle. Non é nada estraño nin inxusto, pois, que hoxe nos acordemos nós del.

E dende logo, sobre todo, non vou esquecer esa plasticidade de monumento sonoro ó Tío Feixó, seu pai e meu avó, que como outros tantos do pobo andaba a ganar o xornal, picando na pedra de Rante ou da canteira novamente do Outeiro do Cuco, ou das Penelas e levantando paredes de granito, como así as levantaba tamén o tío Manote: daquela hoxe a casa que fixo de tres andares e sen andamios: si, a Panxoliña dos Canteiros naceu aquí, aínda que logo medrase, evidentemente, en Pontevedra… E non digamos nada, por clara veciñanza, do Canto do Afiador, que logo escoitaremos aquí dentro, na voz dun bo mozo e tenor da Ulfe, alumno que foi do noso compositor… Así moitas outras partituras…
Auditorio Municipal P. M. Feijoo en Outomuro
//..//E todas estas nosas cousas, estes labores, esta nosa xente e este nome bendito da nosa aterra, o espallou polo mundo o P. Feijoo coas notas da súa inspiración e coa voz e as pesoas atemporais deste Terra a Nosa (que así quixo él xogar cunha cousa e outra): espallouno, por dicir algo, por Lisboa, por Coimbra, por Oporto (no 1982); antes en Alemaña (1973) onde en plena actuación bauxou do escenario para abrazar a un emigrante do pobo de Outomuro que alí se atopaba, José Cachote, que agora ten a casa a carón do cruceiro de alí adiante); por Austria e Alemaña, outra vez no 1979, con actuacións en Essen, Colonia, Bonn, Munich, Salsburgo; en Francia, con interevencións en París e Versalles; en Luxemburgo, en Holanda, en Bruxas e Bruxelas de Béxica; por Londres (1975); e logo despois, Italia 1977 e 1983; por Arxentina, Uruguai, Chile e Venezuela 1991. Sen esquecer Polonia, Croacia e velaí.

Chegados aquí, desde Outomuro ó cabo do mundo, remato e rematamos a andaina musical de Manuel Feijoo, esa andaina persoal, que se converteu en andaina e orgullo da nosa lingua, da nosa terra, de todo o que pudo e pode cantar os homes e mulleres de ¡“Terra a Nosa”!

E así queda escrito e proclamado, para nós, para os nosos fillos e para Galicia enteira, neste voso Auditorio Municipal P. Manuel Feijoo.

Graciñas a todos e moi boas tardes.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES