Intransixencia e Intolerancia
Cardalda, Theo - miércoles, 07 de febrero de 2007
Remato de ollar na TV e de ler nos xornais o da manifestación de Madrid e podo dicir que me entrou un escalofrío por toda a pel. Xa tiña moi esquecido aquelas aglomeracións na Praza de Oriente, cousa que metía medo polo perigosos daquela xente, aquel xentío que usaba a razón da forza durante 40 anos e que xamais souberon o que significaba a forza da razón.
Hoxe pasoume unha película polos ollos onde non atopei diferencia ningunha daquelas manifestacións á de onte, soamente troca o contexto político. Sentín por uns minutos que nos atopabamos no réxime anterior do Nacional Catolicismo pola súa parafernalia, bandeiras, berros fascistas e o himno nacional, só faltaba Franco no balcón.
Esta xente o único que quere é. Que nada troque, que a razón non triúnfe, que as sacras crenzas e as supersticións fanáticas e cegas impoñan o seu reinado. E que a intelixencia sométase e sexa sumise á norma aceptada desde tempos remotos, tempos sen racional xuízo. Glorificar ao escurantismo. Toneladas de area votemos sobre os engrenaxes que o mundo fai rodar. Que volvamos ao pasado que sempre foi mellor, si, a pretéritos séculos volvamos obedientes. Para eles o progreso éche cousa do demo. Que non aceptemos calquera descubrimento, que o rexeitemos ao momento polo temor receoso, pois o seu poder pode socavar os alicerces das nosas conviccións sagradas e intocables. Só faltaba que berraran aquilo de Millán Astray, Muera la Inteligencia, Viva la Muerte
Moita xente nos demos conta que para eles o que menos contaba era ETA e as víctimas, todo era acoso e derribo contra o goberno.
Algúns deles son tan dogmáticos que non ven as árbores que hai no monte, escornean e baten contra eles como tolos. Coido que algún día lles chegará a cordura aos que se presentan como demócratas e que hoxe están mesturados cos intransixentes e intolerantes de extrema dereita e da dereita extrema.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora