Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 28 de octubre de 2016
Na memoria da miña vida


Estou aquí, pero atópome alá. Estou aquí de corpo presente, pero atópome acochado entre os canastros da aira do Pombal. Estou aquí cos auriculares escoitando a Triana, pero ando por entre os palleiros da aira de Arriba. Estou aquí, contemplando a pantalla dun portátil no que estou deixando caer unhas frases sobre un lugar chamado Baños de Molgas. É dicir, que baixo pola rúa da Igrexa e subo pola do Agro, que sento no mazadoiro da burga e, logo, collo auga quente nun caldeiro para acomodar os animais. Estou aquí, pero atópome contemplando o río Arnoia desde a ponte vella e sentado baxio un amierio no parque Ansuíña ou á beira dun carballo no das Mestras. Estou aquí, pero aro uns cantos regos na Pedradarca e vou ós toxos a Barricobos. Quixera estar estar aquí, pero non podo evitalo: sempre estou alá, na memoria da infancia, na memoria da adolesdcencia, na memoria da miña vida.

Os peixes do río Arnoia

Pero mira como beben os peixes no río, pero mira como beben... Onde beben, oh, onde beben? No río Arnoia, onde vai ser! E beben á altura da Pitediña para, logo, tombarse á sombra entre os amieiros. Algún que outro decide largar para darse un mergullo tirándose desde a pasarela que cruza para As Mestras. Algún máis perdediño segue corrente abaixo e sóbese á pasarela que cruza para a Ansuíña. Aí, pobriño, en vez de tirarse ponse a bailar un rock and roll baixo o croar das ras. Pasado o tempo xúntanse todos baixo a presa da Porfía para, alí, xa si, darse a gran molladela e quedar fresquiños para percorrer o camiño ata a ponte das Cabras. Ó chegar acougan á beira dos amieiros dos Lamas. Pero mira como beben nas augas do río Arnoia. Estas entran, mansamente, moi mansamente en Baños de Molgas impulsadas polas aletas dos peixes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania