Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A illa deserta

viernes, 28 de octubre de 2016
Longos días de verán. Ocio con moita calor e un pouco de alcohol: somnolencia para comprar soños. E ti que levarías a unha illa deserta? Tentando quedar ben, a voz contesta, eu a biblia. A biblia? Un feixe de libros cargado de odios e rancores, poesía sensual, deuses sombríos e vengativos, profetas irados e cristos misericordiosos, sexo e matanzas, e ata apocalipsis de ciencia ficción. Iso si, a mesma voz recoñece que fala de oídas.

A unha illa deserta?. Pois unha botella de viño sen fondo para tinguir de soños etílicos a posta de sol. Porque nas illas desertas sempre está tendido o telón dunha interminable posta de sol.

Se cadra, di a voz ecoloxista, eu levaría sementes de tomates e mazás que o leite de coco é dieta monótona. Pero ai!, as mazairas tardan anos en medrar. E os tomates precisan da cultura da terra que estamos a perder desde que as froitas maduran nos híper e os polos nacen nos frigoríficos.

Se poidera levaría o Réquiem de Mozart. Como banda sonora dunha illa paradisíaca? Case mellor quedar co acordeón do mar na area, a percusión nos cantís, o vento nas árbores. Que nas illas desertas a cultura precisa tempo para decantar e non hai espazo para culturetas.

Xa tarda que ninguén fale de sexo, que ninguén fale de levar un home, unha muller. Recorda o que lle pasou ao pobre Robinsón, rei da illa co can, o loro, as cabras e como botaba en falta a presenza humana ata que apareceu Venres. A fin de contas somos animais políticos, unha tribo social. Pois ben, levarei unha muller, un home para tecer fíos da vida, o traballo, a conversa, o sexo, a compaña. Dous sós nunha illa deserta? Ou de como o amor esmorece coa convivencia continua, o roce cotiá, a falta de espazos propios.

Daquela, que podo levar á illa deserta, ao paraíso perdido?. O imprescindible é a botella de viño. Apura o último grolo e manda unha mensaxe de socorro urxente renegando da túa illa. E tenta recuperar o paraíso que sempre tiveches ao alcance da man. Mozart vive calado na túa casa, déixao falar. Hai moreas de libros, biblias, xusto ao lado, na biblioteca pública. Neles están todas as viaxes.
Certo que vivimos de costas á natureza e a comida está no supermercado. Da infinita variedade de mazás sobreviven unhas poucas especies e onde vai que o tomate perdeu o sabor, o arrecendo que lembraba ao paraíso. Postas de sol, os ceos máis altos e nubes de cores e chuvias esperan cada tarde, cada mañá alí onde vives.

A este lado e ao outro da porta da casa atópase o teu amigo Venres, os veciños que necesitas, o home, a muller amada vive ao teu carón.

E se buscas un pouco, cando saias da somnolencia desta longa tarde de verán, atoparás espazos para coidar, protexer, mimar o paraíso que xa teñes nas mans. E para inventar cada día unha illa deserta na túa vida.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES