Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transporte soñado

miércoles, 07 de febrero de 2007
A Consellería de Política Territorial soña un novo sistema de transporte para Galicia. E non está mal, se non se limita ós soños, porque estes valen como inicio pero non como solución, xa que “os soños, soños son”.

Temos asumido que prácticamente en cada casa hai un coche, mesmo no rural, especialmente no rural. E que os desprazamentos están garantidos nunha comunidade coma a galega onde hai milleiros de núcleos no decurso ou no remate de milleiros de camiños.

No soño da Consellería figura un sistema de transporte á carta no que os usuarios, desde a aldea máis lonxana, poidan chamar un taxi ou un microbús que os desplace segundo a súa necesidade. A consellería organizaría un sistema, mesmo axudándose do infrautilizado transporte escolar, para os desprazamentos discrecionais de viaxeiros.

Por agora, é un soño. Difícil de conseguir. Que require unha moi poderosa infraestructura e unha áxil organización, e que leva consigo uns gastos moi elevados que só poderán facerse repercutir no usuario dunha forma mínima. Dificultade que se agudizará nas zonas máis difíciles, de poucos usuarios e de maiores carencias.

Non está mal que os nosos gobernantes soñen. Está ben porque deses soños poden saír magníficas realidades. Teñen que soñar. O que non ten nada que ver con durmirse, que ven ser precisamente todo o contrario.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES