Compartindo, enriquecémonos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de octubre de 2016
Non hai ninguna persoa tan pobre que non teña algo para compartir.
Outra cousa ben diferente é que non queira compartir, que viva encerrada en si mesma pensando que é autosuficiente:
Nada más lonxe da realidade, penso eu.
Un día oín como alguén dicía: A quen ten, danlle todos
Eu que escoitei aquelo-, pensei para min:
Danlle todos a quen dá antes
Como adoita a decirse:
Un fai o outro
De tal xeito que:
-Se queres que che dean, dá. (Cousas boas si, labazadas, non)
¿Qué pode esperar dos outros unha persoa egoísta?
Non din alí:
Manos que no dais
¿Qué esperais?
-Se queres que te queiran, déixate querer.
¿Cómo se pode querer a quen non se deixa querer?
Se un non quere, dous non reñen.
¿Hai algo máis bonito que deixarse querer?
-Se queres que te respeten, respeta.
¿Podes esperar que os outros respeten os teus dereitos se ti pisas os seus?
-Se queres que te valoren, valora.
Dille algo positivo ós outros e eles sentiranse ben e -se cadra- ata che din algo que che sobe a túa autoestima.
-Se queres que se interesen por ti, interésate polos demais.
Pregúntalles como lles vai, alégrate dos seus éxitos, compadéceos nos seus fracasos
e seguramente se interesarán por ti de xeito automático.
-Se queres que te saúden, saúda ti primeiro.
Alguén ten que empezar.
Se non o fas debendo facelo- igual te expós a que digan que tes soberbia, que es arrogante ou algo semellante.
Non costa nada falar como é debido e di moi ben de quen o fai.
-Se queres que te traten ben, corresponde tratando ben.
Se a ti che gusta que che boten unha man cando o precises, acórdate de botarlla ti tamén cando os ves en apuros.
-Se queres que che ensinem algo que non sabes, ensina ti o que sabes.
Todos temos algo para ensinar e moito para aprender.
O que está moi claro é que: o que se dá, eso mesmo se recibe.
Pode que llo deas a unha persoa e que cho devolva outra; pero eso non importa.
O que importa é que todo o que facemos ós outros, volve a nós máis tarde ou máis cedo.
É algo parecido ó eco: ti falas e o eco responde.
Así pasa con todo:
Somos pura enerxía que precisa espandirse para crearse e recrearse constantemente e ir pouco a pouco evolucionando cara a unha humanidade camiño á perfección que todos desexamos.
Todos temos algo para compartir.
O que se precisa é abrir o corazón ás persoas coas que imos atopando polo camiño da vida.
A verdade é que hai persoas maravillosas que teñen un corazón moi grande.
-Persoas que axudan desinteresadamente porque son altruístas.
- Persoas que non reparan en ampliar un pouco o seu horario para axudar a outras ou para rematar unha tarefa que corre présa..
-Persoas que fan moi poucas vacacións por amor á profesión que desempeñan porque para elas a súa profesión é sagrada.
-Persoas que confían en ti a súa vida doméstica.
Elas necesitan ter con quen compartir e ti ofréceslles confianza.
¡Que bonitoé ter en quen confiar!
¡Que ben di das persoas que ofrecen confianza!
-Persoas que che fan a vida agradable.
Porque non che poñen atrancos, axúdanche a superar obstáculos e fanche a vida o máis levadeira posible.
-Persoas que dedican tempo e esforzos a persoas coñecidas ou descoñecidas a nivel individual ou a través de asociacións, ONGs, etc
Para compartir nin fai falta ter cartos nin moitas propiedades.
Só se precisa ter bo corazón e abrilo.
Pódese compartir; compañía, un sorriso, unha caricia, un apretón de mans, coñecementos, experiencias, tempo
e incluso silencio cando as circunstancias así o aconsellan.
COMPARTIR SILENCIO
Ese será o título do seguinte artigo porque o silencio a veces fala moi claro e moi alto aínda que sexa caladiñamente.
Moitas grazas polo tempo que deixa compartido a favor da calidade da súa propia vida e máis da dos outros.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora