Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fiestra da historia na fiestra de Johari

miércoles, 26 de octubre de 2016
Vin e deixeime impresionar polo thriller político de Alberto Rodríguez “El hombre de las mil caras” que ten como protagonista a Francisco Paesa, ex-axente secreto supostamente implicado nos GAL e no caso Roldán cando, de novo supostamente, foxe cos cartos deste. De Paesa dinse moitas cousas, lenda e realidade entretécense en distintas informacións que a perspectiva da historia terá que ir verificandopara separar o mito da realidade e intentar darlles aos feitos a xusta dimensión.

Non é miña intención falar do caso antes citado pero lévame a reflexionar sobre a importancia da historia na xestación do futuro e neste sentido resulta fundamental pensarse en colectivo. Isto implica, en primeiro lugar, unha análise DAFO exhaustiva que nos permita coñecernos e recoñecernos como país. En segundo lugar (quizais máis dorido) coñecer como nos ven dende fora para introducirnos nun proceso de cambio que proxecte e materialice aquilo que queremos ser.

Como pobo temos que ser conscientes sabedores da imaxe que damos e, para iso, nada mellor que a fiestra de Johari (Luft e Ingham 1969) que distribúe en catro áreas a información que unha persoa /pobo desprende de si:

1. Pública. Sei e saben.
2. Privada. Sei e non saben.
3. Cega. Non sei e saben.
4. Descoñecida. Nin sei nin saben.

Un correcto coñecemento dun mesmo tende a ficar coa 1ª e a 2ª reducindo ao mínimo expoñente a 3ª e a 4ª. Vendo a película din en cavilar en que, como país, este é un bo exercicio para construír a historia que queremos que o futuro conte de nós.

Mirarnos no espello do pasado significa aprender dos erros, forxando luces contra as escuridades para dicir alto e claro que podemos crear a propia historia para ser outra historia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania