Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lixo nas rúas

martes, 06 de febrero de 2007
A Consellería de Medio Ambiente está elaborando unha Lei de Resíduos de Galicia, para poñer orde nos espacios públicos, tantas veces agredidos co lixo deixado nos lugares máis impropios.

Cando a Lei estea en vigor, haberá multas de ata 600 euros para castigar ós que infrinxan de forma notoria normas de convivencia tan básicas como a de non deixar os nosos resíduos en lugares onde poidan molestar ós demáis.

A Lei permitirá multar co doble do beneficio conseguido polo infractor no caso de que a infracción leve consigo beneficio. E a sanción terá límites millonarios nos casos de que o dano sexa auténticamente grave.

O contido do lixo vai en razón directa co progreso económico, e obxectos que hai poucos anos nunca serían abandoados, agora sí aparecen nas rúas. Durante 2006 en Galicia 870 vehículos foron abandoados polos seus propietarios.

Tamén a nova normativa deberá contemplar este aspecto, no que por agora non pode impoñerse máis elevada sanción que 180 €.

O lixo, pode ser unha excelente fonte de riqueza económica e social, debidamente depositado, recollido e tratado. Todo o que se faga por regular este proceso, acostumbrando ós galegos a racionalizar os seus costumes, estará ben feito. O lixo nas rúas, sí, pero nos lugares e no momento que corresponda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES