
Non sei por que actuei desa maneira, confesou Coki, o xogador que insultou, ameazou e agrediu a un árbitro... de tan só 15 anos! Actuaches desa maneira porque tes mal sangue, rapaz. Agora quere falar persoalmente con el para pedirlle perdón. Pedir perdón é tan fácil; chega con dicir perdón e xa está. Non quere que lle metan unha sanción exemplar porque... escusas de pacotilla. A ver, rapaz (de 28 anos; rapaz si é o árbitro), deixa de temer a sanción. O que deberías de temer é ir dereitiño ó calabozo. Outros van por menos. Que non se pode ir mallando na xente! Que xa está ben! E moito menos nun neno! Hai que saber ser persoas. Despois, manda truco!, unha parella de axentes da Policía Nacional escoltaron ó árbitro. A quen tiñan que escoltar era ó mequetrefe ata o cuartelillo. Que xa está ben de poñer de escusa ó deporte; que unha agresión é unha agresión. Unha agresión é o veleno que hai no sangue.