Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Brais na relixiosidade popular

lunes, 05 de febrero de 2007
Segue viva en San Vicente do Pino, Monforte de Lemos.

Blasius era un alcume romano. Do latín blaesus (“tatexo”) e do grego blaisós (“cas pernas para fóra”) O nome fai referencia a unha tara, defecto físico. O Pai Sarmiento dinos que no século XVIII a forma utilizada entre os rústicos era Bras (e en castelán Blás)

Foi bispo de Sebaste (Armenia) no século IV. Nas persecucións contra os cristiáns non quería abandonar aos fieis ata que eles mesmos o convenceron de que debía salvar a súa vida para ben de todos. Obrigárono a se retirar a un lugar seguro. Viviu no deserto, nunha cova, rodeado de animais bravos. Abondan lendas fantásticas sobre a mansedume dos animais máis feros e da axuda recibida dos doces (os paxaros) que lle traian a comida. Tivo sona en todo o mundo cristián como taumaturgo e curandeiro. Acudían enfermos a curarse das súas doenzas.

Nese tempo e lugar sitúan a lenda máis popular: “a da espiña do peixe” Muller desesperada acude co fillo esganado por unha espiña de peixe que tiña espetada na gorxa. Brais prende os dous cirios que a mai ofrecera de exvoto na festa da Candeloria (día anterior), colócaos en forma de aspa para que toque o pescozo do rapaz, ora ao Señor e, deseguido, queda curado. Despois de moitas peripecias os perseguidores levárono ao calabozo, sometérono a grandes tormentos e cunha chea de milagres lendarios e conversións foi decapitado en tempos de Diocleciano.

Tivo moita aceptación na igrexa latina a pesar de ser oriental. Varias igrexas loitaron por ter as súas reliquias. (Entre elas, San Vicente do Pino de Monforte, que posúe algunha) É santo avogoso, sobre todo para curar males de orixe ou relación coa gorxa, a tose ferina, o salouco e mal de oídos. Fóra de Galiza como patrón dos laringólogos, dos cardadores e peiteadores da la, dos canteiros e porqueiros debido aos instrumentos que aparecen nas súas imaxes.

Celébrase a festa, como bispo e mártir, o día tres de febreiro. Represéntano con vestiduras episcopais (alba, casula, mitra e guantes) tocando a súa gorxa coa man dereita. Noutras, cun neno termando dunha vela, ou dúas en forma de cruz (co neno por baixo) e mesmo cun porco e outros animais aos seus pés. Na provincia de Lugo subliñamos: Mosteiro (Bóveda), Hospital (O Incio), Vilaxoane (Foz), Tremiado (San Fiz, Sarria), Silva (Pol), Coterces (capela en Liñares, Pedrafita do Cebreiro), Portomarín (igrexa San Nicolás), Uriz (Castroverde) e San Vicente do Pino, en Monforte (con reliquia). Hoxe en día é o lugar onde se celebran con mais solemnidade. Os devotos ruben o monte de San Vicente do Pino levando cintas de cor azul (os homes) e rosa (as mulleres), rosquillas e melindres, conforme á tradición, que vén xa do séc. XVI. O crego bendice todo e colocan as cintas ao redor do propio pescozo e dos nenos/as.

En Compostela (igrexa San Paio) o crego bendice e coloca a vela en forma de U na gorxa dos devotos. En todo Galiza facíase queimada para curar a tose ferina con caña, follas de loureiro, cascas de limón e invocábase ao santo deste xeito: “¡San Blás, leva a tose e deixa o rapás!” Noutras zonas, cando alguén ten un golpe de tose ou devolve, pétaselle no lombo, dicindo ¡San Brais bendito che valia!.Velaí unha mostra/mestura que dedico, de saúdo/despedida, aos amantes das vellas tradicións e da rica relixiosidade dos nosos antepasados. “Meu santo, señor san Brais// feito dun pau de abeneiro // que lle fan a romaría // o día tres de febreiro”. “San Brais, o de Aguete, que por sandar a un, afoga a sete” (Son de amizade e confianza)”San Brás, san Brás: manda a espiña para atrás”. E, xa se sabe: “Polo san Brais, hora e media máis”. Máis/menos, digo eu.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES