Matrimonios políticos
Editorial - lunes, 05 de febrero de 2007
Se son reñidos son os máis queridos, dicía o refrán para os matrimonios.
Quizais para os políticos sirva a mesma afirmación. Entón, Psoe e Bng teñen unha relación amorosa políticamente perfecta.
Por se tiñan poucos motivos de controversia, o concurso para dotar ós nenos das galescolas de mandilóns, orixinou críticas do PP e do Psoe. Do PP, como é natural, polo feito de leva-la contraria. Do Psoe, algo terá que ver o feito de que en principio os temas de educación no bipartito correspondéronlle a esta forza política pero o Bng driblou ós xogadores socialistas e xa que ten as competencias de xuventude prolongou esta acción ás escolas máis xuvenís.
Rebatindo os argumentos utilizados na súa contra o uso será voluntario, e non son uniformes- Antón Losada publicou un comunicado furibundo. Contra o PP, enténdese. Contra o Psoe, parece máis raro.
O peor lévao o PP, como é lóxico. Pero o Psoe queda englobado na resposta na que se cualifican as críticas de pensamento máis ben reaccionario, sopesando se preferían que en lugar de concurso se fixese a dedo, como antes, se lles molesta que se reflicta nun servizo público a identidade do país, ou que o país teña identidade.
En fin: amor político, que reviste formas non vistas ata agora.
Queda moito tempo ata maio. Moito podemos ver ata daquela nunha convivencia interesada que a todos nos convén que siga evolucionando con normalidade.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora