Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Voluntarios polos montes

viernes, 02 de febrero de 2007
Non se debe abusar. O voluntariado funcionou na catástrofe do Prestige, durante un tempo, e por unha circunstancia de extrema necesidade.

Pero o voluntariado de xeito continuado, e sobre todo en temas dos que deben encargarse os poderes públicos, non parece a solución máis axeitada.

A Xunta pretende que o problema dos incendios forestais teña milagrosa solución en base ós seis mil douscentos comunicantes que chamaron ó “teléfono en defensa do monte”, e montará un pacífico exército de tres mil voluntarios que en grupos de douscentos patrullarán once zonas conflictivas de corenta concellos, con formación previa e material axeitado.

Falta saber se o material axeitado será un rifle telescópico ou unha sulfatadora. Soltar centos de voluntarios polo monte non parece remedio axeitado para os misteriosos incendios forestais .

¿Qué farán os voluntarios se atopan un pirómano? ¿Disuadirano? ¿tomarán a xustiza pola man? ¿Reterano ata que chegue un Axente da Lei? ¿Ou terán os voluntarios o carácter de auxiliares de axentes da Lei?.

Ó ilusionado organizador hai que recoñecerlle boa intención para afrontar o tema; voluntarismo. Voluntarismo máis voluntariado, ten unha incógnita por resultado. Hai que poñer os pes no chan. Non hai que soltar os voluntarios no monte. Porque, entre outras infinitas cuestións, ¿Quen garante que non haxa pirómanos entre os voluntarios?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania