Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A evolución dos festivos

miércoles, 19 de octubre de 2016
Os festivos, nun país como o noso, son unha cuestión cultural que debería evolucionar coa cidadanía. De nada vale marcar datas en vermello no almanaque se estas non reflicten o sentir do pobo. As institucións deben pulsar moi ben a vinculación emocional da cidadanía con cada data antes decidir o calendario anual.

É preciso diferenciar ben os días de festa dos días de reivindicación. Os primeiros son días de descanso, de ledicia, de reencontros; días cunha forte carga emocional que latexan identidade. Os segundos precisan dar visibilidade social a un problema, colectivo ou valor polo tanto necesitan rachar a rutina cotiá coas súas reivindicacións. Se convertemos os días de reivindicacións en festivos, a xente dispersarase e o único día no ano que protagoniza un determinado colectivo perderase porque non será a súa voz a que marque na memoria do pobo a sensación de ter sido un día distinto.

Despois de facer esta distinción e xa volvendo aos festivos, é necesaria unha profunda identificación entre o pobo e o día;coa fin de que as datas en cor do almanaque teñan a eficacia da participación e a eficiencia necesaria para transformarse en benestar colectivo.

O pasado 12 de outubro, Día da Hispanidade, moita xente nas redes queixouse de que non quere ser partícipe da conmemoración do primeiro feito colonialista (COLONialismo) que arrasou unha civilización. Se reflexionamos sobre isto vémonos na obriga de buscar unha alternativa que realmente nos una impulsándonos a coñecernos mellor. Entón quizais precisemos un Día da Diversidade Ibérica e Latina que celebre un mosaico de convivencia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES