12 de outubro dende Ribadeo. A terceira vía
Gregorio Montes, Antonio - lunes, 17 de octubre de 2016
Entre a festa patrocinada herdeira do día da raza, primeiro, ou da hispanidade, despois, e o combate á mesma con diversos motivos (dende os tradicionais indixenistas ata os máis novos corruptistas, pasando polos separatistas), o 12 de outubro abriuse paso unha vez máis a vía pasotista.
Quedou manifestada non por asuntos como un vídeo semiviral sobre a festa de amosa a ignorancia de boa parte do pobo (madrileño, onde foi gravado) sobre o significado do 12 de outubro e algún símbolo máis, senón pola tarde de cafetería nun Ribadeo tranquilo no que era algo alleo o movemento a favor ou en contra da celebración do que facían gala as redes sociais.
En calquera caso, é curioso que aínda en grupos separados, o día de festa supuxo unión: quen a celebrou con motivo institucional, con gala e esquecemento. Quen o fixo con motivo de contestación, sumando accións á causa. E quen de xeito alternativo, sen outro aquel que desfrutar un día liberado en compañía.
Non sei ben por que, pero cara ó fin do día, ó ver a un grupo de rapaces adolescentes matando o tempo tiven unha sensación que me lembrou ós tempos de Semana Santa aínda con rixideces de celebración nun pobo con poucas procesións: tempo para pasar sen moitas posibilidade de diversión, tempo morto...

Gregorio Montes, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora