Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Voando alto

jueves, 01 de febrero de 2007
Galicia dispón de tres aeroportos en funcionamento e algún aeródromo (Lugo) que aspira a ascender de categoría. E liñas aéreas de primeira orde a precios normais, liñas de baixo custo, e aeroportos no exterior (Porto) que lle fan competencia ás liñas e aeroportos propios.

Dúas novas inciden no sector, dinámico como corresponde ó máis novo e rápido sistema de transporte de viaxeiros.

Dunha banda Clickair, compañía de voos de baixo custo, que comeza a traballar no aeroporto de Peinador facendo o traxecto Vigo-Barcelona a partir de vinte euros billete. A compañía asume os voos que deixa de facer Iberia, pola que está participada, e entra no mercado con forza e gañas de competir.

Doutra, na veciña Asturias na que a compañía Air Asturias deixa de funcionar debido á baixa demanda dos seus servicios, prevéndose o conseguinte incremento da empresa de voos baratos Easyjet, que opera desde o veciño aeroporto.

Cada vez se viaxa máis en avión, cada vez se busca abaratar máis as viaxes, cada vez compre fiar máis fino nun sector no que o fracaso dunha empresa pode conlevar graves perxuicios para a clientela.

Parece que en Galicia é posible voar alto e barato. Se atendemos ás previsións, esto non fixo máis ca empezar, cun excelente futuro. Para viaxeiros e compañías, que todos nos beneficiamos de que o sector funcione axeitadamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES