Sangue, suor e bágoas
Editorial - miércoles, 31 de enero de 2007
Costumbre que fai lei, en tempos a letra con sangue entraba. Con sangue do alumno. Logo, cambiaron as tornas, e afirmábase que a letra entraba con sangue, pero do mestre.
Na actualidade, inténtase que o sangue e o que consigo leva, suor e bágoas- non figure como compoñente do sistema educativo por acción ou por omisión.
Dunha parte, vaise loitar contra o acoso escolar por medio de enquisas entre os alumnos para conseguir información que permita actuar antes de que sexa tarde.
Doutra, e tendo en conta que na actualidade non se permiten castigos corporais dos profesores ós alumnos, cómpre defender ós profesores de posibles agresións por parte dos educandos, calificando estas accións como delito de atentado. O mesmo ocorrerá cando, no eido da sanidade, se produzan insultos ou agresións a médicos no exercizo das súas funcións.
O de Sangue, suor e bágoas foi frase afortunada que hai máis de sesenta anos pronunciou Winston Churchill diante da pavorosa guerra que se aveciñaba. Hoxe, entre nós, non hai non pode haber guerras. E se hai sangue que sexa para salvar vidas, se hai suor que sexa froito do traballo, e se hai bágoas que sexan de ledicia porque só dese xeito se debe poder chorar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora