Como se dirá 'merda' en inglés?
jueves, 13 de octubre de 2016
Carlos Núñez, na noite do día 11, no San Froilán, onde non actuaba dixo- desde hai vinte anos. Abraioume a súa interpretación do Bolero de Ravel á gaita. Magnífico. Presencia internacional no seu grupo, cun componente australiano e outro canadiano.
Todo ben ata que o australiano dirixíu ao amable publico un exordio en inglés de varias frases que ninguén se molestou en traducir
E, claro, eu por cronoloxía pertenzo a un tempo no que se estudiaba francés, e o inglés non existía no noso mundo. Para min, como se un australopiteco pretendese explicarme a súa visión da deriva dos continentes.
E logo tocoulle o turno ao canadiano, que se esforzou un pouco, pero resultou prácticamente o mesmo, rematando con un Are you ready? que nin me molesto en averiguar que quixo dicir.
Eu non sei utilizar dous dedos para facer soar un sonoro silbido de disconformidade. E tampouco sei como se di merda en inglés. Teño que consultar cos meus fillos, que eles son da época na que xa o inglés americano nos foi conquistando a respiración. Claro que se soupera como se di, tampouco houbera ousado alzar a miña voz para respostar aos músicos, por moito que o mereceran, que non me gusta dar a nota nun acto público. Por iso, por non saber e non ousar, escribo esta crónica co espírito da que espero sintonice a minoría que temos a desgracia de non saber inglés, e que non nos gusta que nolo metan á forza como purga para cabalo- nun concerto presuntamente galego.
Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora