Á Beira do Camiño: Silencios Cómplices
Mato, Xesús - martes, 30 de enero de 2007
Cando fala o diñeiro, cala a palabra (dito popular) Son veraces e certeiros. Froito da sabedoría do pobo. Doado de aplicar: Cando fala o poder, as avaricias, as influencias, os intereses (políticos e/ou relixiosos) os económicos, o consumo, as multinacionais... ¡cala a palabra! Molesta. Manca. Porque pon a descuberto actitudes e hipocrisías.
Durante a semana pasada (20 ao 25 ) celebrouse en Nairobi (Kenia, África) o VI Foro Social Mundial, con obradoiros sobre o grave e urxente problema do SIDA en África (millóns de mortes evitables), a desigualdade no mundo e a loita por unha sociedade mellor, posible, xusta e fraternal. ¡África, enferma e a morrer de fame! Silencio nos medios (incluídos os da Igrexa) Ao máximo, un recantiño aproveitable, ao informar con detalles, do que presume facer por eles o outro Foro Económico en Davo (Suíza)...
Estes temas non interesan. Tampouco a discriminación dos xubilados de Ourense/Lugo (co 26% menos de pensión có resto do País e menos cós de A Coruña e Pontevedra) ¿Para cando a globalización da solidariedade e reparto dos bens do noso mundo!?. Os silencios tórnanse cómplices cando non facemos algo por mudar as situacións de inxustiza.

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora