Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ansia da ilusión

lunes, 10 de octubre de 2016
Falemos un pouco dos ánimos ou méritos deportivos. Dicimos que tal ou cal equipo ten moito mérito porque non perde ningún partido en moito tempo ou, aínda mellor, que os gana todos. Pero sen analizar, ó mellor, que é un equipo feito a base de talonario ou de poder. Por iso é que eu véxolle moito máis mérito a Os Chaos, por exemplo, porque leva unha morea de anos sen practicamente alegrías vitoriosas e, emporiso, segue nos seus trece. Ou como xa comentei nunha reportaxe de Testemuñas da Memoria, o equipo junior de baloncesto do ABO (é dicir, nenos aínda), que non ganou ningún partido na temporada pasada ou, aínda peor, que os perdeu todos porque no baloncesto non existe o empate. Estes dous equipos –entre outros, claro- si que son dignos de admiración. Que a pesar de perder unha e outra vez, eles, dálle que dálle e coa ilusión do primeiro día, porque teñen dereito a soñar en que no próximo partido ó mellor vai, ó mellor acadan a primeira vitoria. E seguen. E seguen. E seguen. É moi fácil ganar con estrelas. É difícil que ilusionen as derrotas. De aí ese mérito, esa ansia da ilusión. E por Deus bendito, que non lles falte!

Que gozada ler o outro día en La Región como o xogador-fundador-presidente dos Chaos, con setenta e pico anos, segue ilusionado, segue soñando coas vitorias. Como o meu rapaz a temporada pasada; levando paus a eito e, non obstante, tirando cara á adiante unha e outra vez. Para esta xentiña vale máis unha pequena migalla de pan que a copa da Liga de Campións ou a medalla de ouro olímpica. Un gol dos Chaos ten que ser como a éxtase. Como unha tripa do ABO era o estoupido emocional do xogador e do espectador. Sei seguro que a ansia da ilusión non vola quita ninguén. Ánimo a todos os que caen derrotados unha e outra vez. Algún día rebentará o mundo de alegría co voso éxito... que sempre chega.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania