Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da política... ou dos políticos?

viernes, 07 de octubre de 2016
Os niveis nos que a política se desenvolve reflíctese cada día nos medios informativos. As declaracións ateigadas de insultos mais ou menos solapados; a violencia dialéctica e as acusacións mútuas por comportamentos e actuacións idénticas de uns e outros, emborrallan o que debería ser un proceder respectuoso e distendido, evitando que a lección cotiá de incivismo se transmita á cidadanía : é decir, ós homes e mulleres que co honesto trafegar e as mútuas relacións armónicas, e aínda cordiais, constituen a que é a esencia social dos pobos, no marco axeitado para que a vida discurra polos vieiros da normalidade dunha sociedade democrática que para que sexa tal esixe o respecto ás ideas e ás persoas alleas, que é condición “sine qua non” para que a democracia, á que tanto se recurre en parladoiros e actos promocionais, non quede en pura e estéril demagoxia, dirixida a unha cidadanía que contribue a soster o entramado vociferante que se alinea nos distintos partidos; e da que cobran os ocupantes das tan ansiadas poltronas institucionais.

A situación, crispada e intolerante,que vive moi amplo sector político, con non disimuladas fobias, e os posicionamentos persoais, localistas e sectarios, agrava a incapacidade dos políticos para afrontar iniciativas comúns, necesarias ou convenientes, baseadas na racionalidade dunha evidencia que estamos seguros que nos acompañará por longo tempo .

Moitas veces, de penosos procederes dise que “son cousas da política”, expresión da que se fai un uso distorsionado / interesado, agochando ós responsables da mesma,adxudicándolle un fatalismo que non lle corresponde.

Nunha ocasión preguntaron a Carlos Cano; ¿qué pasa con la política?E o cantautor, respostou: “la política ha desaparecido como ética de comportamiento personal y colectivo. Una política generada por gentes tan mediocres, tan mezquinas, no vale la pena. Pero es lo que hay en la pescadería”. Mentres non se dea unha rexeneración de verdade nos axentes políticos, e troquen os “chips”, mesmo das capas máis baixas (coma os que temos entre os pés), a política será o que é, porque ela é o “efecto” e aquéles a “causa” que o producen; e mentres perduren as “causas” sufriranse os” efectos”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES