Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miguel Fuenteseca

jueves, 25 de enero de 2007
Chamábase Miguel Fuenteseca, tiña 16 anos, e o domingo deixamos o seu corpo no cemiterio de Saavedra (Begonte). Sen acudir a estatísticas, coido que a Terra Chá paga unha doorosa cota especialmente alta a un extrano deus devorador de vidas.

O venres morreron en Begonte dous curmáns nun desgraciado accidente de moto: Miguel Fuenteseca, de Saavedra e Alexo Cereixo, de Begonte.

Sabendo que eu vivo en Saavedra os fins de semana, José Maria Palacios, de La Voz en Vilalba, preguntoume se coñecía ó veciño falecido, e eu resposteille que non, pois non sabía do acontecido.

O sábado, desperto cos toques a morto da campá. En Rábade, os xornais galegos estaban esgotados desde primeiras horas da mañán. Para saber do acontecido, funos mercar á Feira do Monte.

As campás de Saavedra seguían tocando a morto. Tres toques, un home. Vexo os xornais, fago chamadas, e entérome que un dos mortos é o fillo de José Manuel e Susi, da familia Fuenteseca.

Coñecía a Miguel desde hai oito anos, a metade da súa vida. Escoitaba a música disco que soaba na súa casa, víao andar en bicicleta ou en moto, mirábao xogar con “Lúa”, a cadela da casa, da que sei o nome porque el o pintou na caseta.

Un accidente estúpido tronzou dúas vidas, destrozou ós meus veciños, e por pouco non me entero. Que morra un pequeno coa cuarta parte dos anos que eu teño paréceme unha inxustiza tan grande, que penso se non se poderá acusar de asasinato a unha sociedade que nos leva veloz, nos utiliza e nos destroza ó menor fallo.

O próximo sábado, clausúrase o Belén de Begonte e a tempada do Nadal neste concello. Na clausura do pasado ano, estivemos de loito pola morte dun rapaz moi achegado ós do Belén. Este ano, volveremos estar de loito por estes dous rapaces que nos deixaron. Por eso me parece que en Begonte (Terra Chá), nos tocan de perto demasiados mortos.

Que no ceo dos rapaces descansen en paz Miguel Fuenteseca e Alexo Cereixo. E que as súas familias, co paso do tempo, consigan soportar a dor e vivir con serenidade. Amén.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES