Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Naturalizar sen banalizar nin sacralizar

miércoles, 05 de octubre de 2016
Vivimos un tempo no que a diversidade está a botar sementes de vencer. Se ben son sementes que medran moi lentamente e, quizais, teñamos que asumir que as recollerán os/as nosos/as devanceiros/as. A pesares disto e das tremendas cadeas que xorden cando Penélope destece, teño o pleno convencemento de que a implantación da diversidade non ten volta atrás.

Entón, o sexo empeza a ser un compoñente máis desta diversidade e esixe unha resposta efectiva e afectiva para un problema real. Este non é un problema exclusivo da diversidade funcional senón que tamén hai xente que, por timideces ou mitos mal argallados, se atopa na vida cara a cara coa soidade. Polo tanto, enfrontámonos a un problema por un lado físico e, por outro, emocional cunha vertente social de difícil reposta. Agora ben, a dificultade de construír esta resposta non pode levarnos a ignorar o tema e moito menos a que as/os profesionais deixen de implicarse co mesmo.

A sexualización da diversidade ten que rachar con prexuízos e mitos que impiden un achegamento real a este tema. A clave atopámola en sexualizar naturalizando e non espectacularizando. Sexualizar sen caer na banalidade. Resulta fundamental situar o sexo entre as necesidades vitais sen facerlle altares nin celas subterráneas para que se poida amar en liberdade.

Trátase de ver beleza por nós mesmos/as e de abrirlle as comportas ás emocións sen medo nin taxa procurando plenitudes para acender soños. É posible rachar o canon da beleza co canón da diversidade para sentir xuntos. Só temos que crer nas persoas e deixarnos levar polas emocións libremente.

Temos que romper o prexuízo coa expresión afectiva para avanzar cara unha beleza emocional que poña a empatía como base das relacións humanas. Naturalizando, xerando autoestima e procurando autocoñecementos que nos leven a vivir experiencias únicas acordes tanto coa persoa coa que as compartimos como co noso propio ser. Podemos construír unha sociedade na que o amor se elixa libremente sen medo ao prexuízo pero é preciso naturalizar a diferenza, comprendela e comprender que (como a afectividade ou a creatividade) é unha característica fundamental da humanidade.

O ser humano ten no amor carnal un compoñente que non se pode banalizar pero tampouco sacralizalo ata convertelo en excluínte.
Sinxelamente, se trata de naturalizalo rachando canons para que todas as persoas teñamos acceso a autoestima e a compartir o amor.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania