Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os novos impostos

jueves, 25 de enero de 2007
Para os gobernantes, apretar as tuercas dos impostos é o sistema máis doado para conseguir financiar proxectos máis ambiciosos.

Aumentar ou crear os chamados “impostos verdes”, os referidos á contaminación atmosférica, empresas hidroeléctricas, lixo, canteiras... é a proposta dunha obra colectiva -Chaves da Economía Pública Galega- que ven de presentarse na Universidade de Vigo.

Por outra banda, a Xunta estudia aplicar un imposto ós pisos deshabitados, que sería de 9 euros/día o primeiro ano, 12 o segundo e 15 o terceiro e seguintes, para forzar ós propietarios a poñelos en aluguer.

En relación con este imposto, o Ministro Solbes recentemente dubidaba da súa legalidade e rendibilidade, pero a Xunta estima que podería recadar 750 millóns de € o primeiro ano, que da para moitas venturas e aventuras.

Falta saber se a común economía dos galegos está por un recrudecemento impositivo, se a solución está en darlle gosto ó dedo de impoñer, ou se debe convencer máis ca vencer ó de por si xa sufrido contribuínte.

Os novos impostos quedan magníficamente ben na letra impresa como posibles accións de goberno de progreso para ter máis capacidade investidora. Pero falta aínda moito para que os galegos teñamos conciencia do deber de pagar máis polos servizos que estamos a recibir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES