Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non nos entenden, non, Miguel Anxo

lunes, 03 de octubre de 2016
Eu non son político, nin tampouco pretendo selo. Tampouco son políticamente correcto, nin tampouco pretendo selo. O que sí son claro, sincero, e digo que sei o que é unha metáfora. Moitos dos que critican tanto a Fernán Vello, seguro que non, que non saben o que é unha metáfora. Chamar a Feijoo cacique non é, desde a miña óptica, ningún insulto, senón describir a un tipo que practica unha política de tal e así a definen a RAG e a RAE: “ É o individuo que coa súa influenza ou riqueza interven arbitraria ou abusivamente na política ou na administración dunha comunidade”.

Isa é a definición de cacique. Non creo que Feijoo sexa tan rico como para intervir na Comunidade dunha forma arbitraria polo pecunio propio, máis si que penso que, desde a sua posición de Presidente da Xunta, goberna arbitaria e abusivamente e gasta nos concellos afins parte dos presupostos, negando ós inimigos o pan e a sal. E isodigoo eu que non son de ningún partido, nin coñozo de nada, que non sexa ler a súa obra, a Fernán Vello. Non tolees, Poeta, a verdade non é unha virtude admitida na política… e así lle vai.

Niste noso País a xente non é ignorante, moi ao contrario, sabe moito porque é intelixente, é acomodaticia para o que conveña; agradecida a quen axude; caladiña cando cómpre; miña xoiña cando pide algo; comprensiva, aínda que rouben- dicenche: rouban todos- ; lamecús non, non son; tampouco é bruta, aínda que presuma delo; un pouco mentireira se fai falla; “xudios conversos”-¿enténdese a metáfora? Se non se sabe, hai que ir á escola, ler, aprender algo… aínda que se vote a Feijoo. Porque, a maís de gañar as eleccións, cómpre ser lidos, non lle vaia a pasar coma un representante da Mariña… que xa tén o graduado. Por certo, ¿Siguense a mercar as oposicións? Pregúntoo porque, si teño un fillo, saber en onde ir.

Os galegos somos así. Se nos chaman ignorantes, oféndenos; como me pasou a mín cando nos chamou cochos aquel famoso Paco Umbral. Dicía que os galegos usábamos as plantas interiores, cando íamos as exposicións, para bota-la colilla. ¡Cómo me cabrei!…ata que vin en Madrid as cociñas de moitas pulperías. Non, non eran cochos…eran un pouco deixados. Ti nunca os oirás berrar nos hospitales, nin os oirás blasfemar en calquer bar, nin tira-la auga do seu negocio na rúa- hai que ter todo moi limpo-. Seguro que ti estás afeito a atoparte con moita xente que non pensa en mercar un coche, nin a onde ir de vacacións, nin presumindo das súas riquezas… Non, ti atoparálos lendo ou practicando alguna actividade creativa na rúa.

Fíxate ben: seguro que son prácticas de alumnos das novas xeneracións. Non, os galegos non somos ignorantes; sabemos, alomenos, face-los crucigramas. Tés, un problema, Miguel Anxo, non está familiarizado co medio, non te apuntas ás larpeiradas, non practicas a ruta dos viños, non falas inglés cos colegas, non discutes de fútbol, non fas a pelota ó señorito, non alternas nos círculos de empresarios…nin siquiera coñoces a narcos que teñen iate.

A culpa é túa. Se foses, listo, propoñías ó dono de Aínda tés para a medalla Castelao. Iso é o que tén ser o listo dos Peares. Castelao, Compañeiro, xa o teñen xubilado…E a sensibilidade galega evoluciona nas túas verbas para deci-las verdades. E iso…non ten amigos. Agora fixeron do Poeta a víctima da libertade de expresión e un mogollón de periodistas pesebristas atácanno, navegando para non pringarse xogando perversamente á vaguedade.

Atácante por falar claro… e xa ves, isto é o que hai na Terra das “Santas Campañas”. Porque, non se che esqueza, tamén están santificadas.

Acó agora xa ninguén se queixa das lista de espera, naide se moviliza porque o agro non tén futuro, parece inevitable que os barcos franceses sempre saian favorecidos nos repartos das cotas do peixe…son pequenas cousas que lle pasan ós outros. Mentras duren as pensións…

Ise é o noso País, ou dos Ananos, que, nas túas palabras, “Tén a sangue verde…” ¡Viva Cospeito!
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES