Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Independentes sospeitosos

miércoles, 24 de enero de 2007
Hai xente independente, que non pertence nin pertenceu nunca a un grupo político, que merece tódolos respectos pola súa independencia, e que en calquera momento da vida pode optar por entrar na política coas súas únicas forzas e as das simpatías que desperte.

Hai xente que pertenceu a un partido e por falta de fe ou outras circunstancias opta pola independencia para camiñar en solitario, e como queira que están lixeiros de equipaxe poden permitirse esa acción.

Pero hai outros políticos que despois de subir e desplazarse pola xeografía política do país e dun partido descobren a independencia, e eso fainos sospeitosos.

Como pode ousar Juan Miguel Diz Guedes aspirar a presentarse, como independente, á alcaldía do seu pobo de Tui?.

Porque Diz Guedes xa foi Alcalde de Tui polo PP durante case tres anos, para ser logo Secretario de Organización do PP de Galicia, Delegado do Goberno en Galicia, e ata tres veces Conselleiro nos gobernos de Manuel Fraga.

A independencia, a estas alturas, resulta sospeitosa. Para os de Tui, para os do PP, e para toda Galicia. E, ou pouco saben os tudenses, ou hanllo facer saber.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES