Festa da cidadanía
Xiz, Xulio - martes, 23 de enero de 2007
Na radio do coche, escoito a voz de Orozco que me fala
a min e a tódolos habitantes da capital: Lucenses: Quero celebrar con vosoutros eses anos que levamos traballando xuntos
E invítame á Festa da Cidadanía, que vai celebrar con Blanco e Touriño.
A min repatéanme os anuncios dos concellos nos que aparece a foto e o nome do Alcalde, de paso que desexan un bo ano, magníficas festas, ou se congratulan do ascenso do equipo local, porque é mesturar a institución coa persoa.
Neste caso, o anuncio tampouco me gustou, pola mezcla desafortunada entre a persoa e o cargo.
Un Alcalde, cando accede á Alcaldía, segue a ser militante dun partido, pero accede a un status diferente, máis elevado, e prima o cargo de Alcalde sobre o de militante. E hai que ter cuidado co uso que se fai da súa imaxe, porque a imaxe pertence ó cargo, e o cargo á cidade.
Co uso da voz de Orozco, pode parecer que a invitación á Festa da Cidadanía a fai o Alcalde -que é así- e non o militante socialista. E a festa parece ser que é con motivo da presentación da candidatura do Psoe lucense ás próximas eleccións. ¡Mal feito!

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora