Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 27 de septiembre de 2016
Morricone e Trinidade

Pingas de Orballo
Quédanme os ollos fixos ante a pantalla do ordenador, e non porque algunha nova ou fotografía me chame poderosamente a atención, senón pola canseira que teño.

Logo, para máis aquel, a música que Morricone lle compuxo á película “Cinema Paradiso”, fai que a melancolía aínda me comprima un chisquiño máis.

Bonita, espléndida e marabillosa banda sonora pero que, nestes momentos, me deixa tan pensativo, tan sentimental e tan covardiño que non sei no que penso nin en quen penso. Por pensar non estou pensando nada. Ou si... en que teño que pescudar como quedaron certos equipos e deportes e en que dentro de corenta minutos intentarei ver unha película que, penso, desde a época dos Milagres non a volvera ver; “Seguíanlle chamando Trinidade”.

Lembro que aquela vez gozara coma un anano con ela. Pero hoxe, sen volver a vela, sei que é desas polas que pasa o tempo e que me parecerán unha simple trapalladiña. Oxalá erre, pero...


Remedio Caseiro

Pingas de OrballoTeño o pé esquerdo metido nunha tinalla con auga quente. E con sal. A ver se me abranda o calo. Xa fun unha vez ó baño coa intención de quitalo. Furgando coa lima dun cortaúñas. Así; coma se fora un remedio caseiro. Pero o maldito calo está xa tan metido na planta do pé que me custa horrores arrincalo. De aí que volva a metelo outra vez en auga quente. Para que abrande. Levo un días xa que me ferve. De pisalo e pisalo. Dentro de dous empezo a vendima, polo que teño que dar mil voltas e máis. Sobre o maldito calo. Este malnacido saíume a principios dos anos 80, de cando andaba todos os días no metro de Madrid. Entregaba todo o meu corpo sobre a pé esquerdo e, claro, pouco a pouco converteuse en dureza e esta nun calo que me mata, que me fai coxear. E dis ti e digo eu, por que non vas a un calista? Para que? Se dentro duns días volve asomar o moi condenado. Veña, a furgar de novo outra vez, a ver se consigo arrincalo. Co remedio caseiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES