Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: Desunidos e divididos

lunes, 22 de enero de 2007
¡Que semana, amigos/as! Non só na climatoloxía física, senón tamén na cívico/ambiental. O persoal segue a estar desesperanzado e mesmo desconcertado. Outros 200 asasinados no Iraq, varios mortos (Europa) escandalosas crispacións no parlamento (España), sen entendemento na reforma do Estatuto (Galiza) e liortas/escaramuzas ante as próximas eleccións.   

Por se iso fose pouco, lamentables sinais de desunión mesmo perante a Semana da Unidade dos cristiáns (católicos, protestantes e ortodoxos, inmensa maioría en Europa) que se amosan, cada vez máis divididos e distanciados ante a escandalizada ollada dos que chegan, escapando da morte, desde África e Asia á busca de pan e de liberdade. O senso común ten de levarnos a todos/as a unírmonos a favor da vida, da liberación de toda persoa humana.

A riqueza das culturas e o pacto das civilizacións non son posibles sen o diálogo relixioso. As civilizacións teñen a súa orixe nas relixións. Non esquezamos que “cultura ven de culto”. Non nos entenderemos endexamais se non falamos a mesma linguaxe, que non quer dicir a mesma lingua. É o momento de derrubar muros e de tender pontes entre nós. A tarefa pendente da humanidade: “Que todos os pobos  podan convivir sobre a Terra en dignidade e respecto”. Así o prometen as grandes relixións monoteístas que proclaman a vinda do Reino de Deus ao mundo. Incluso a Ilustración cos principios da liberdade, igualdade e fraternidade.

Hoxe, a Palabra de Deus invítanos á unidade. Non a illarse do mundo senón a mergullarse nel ao xeito de Xesús que anuncia: ”O Espírito do Señor está sobre min que me enviou a anunciar a Boa Nova aos pobres, a liberdade aos presos, a vista aos cegos.” (Lc. 4,14) Ao mundo enteiro e non só ás igrexas cristiás e/ou só á católica. O mundo é o seu obxecto de amor e de salvación porque ese “noso Deus/Pai veu ao mundo para que todos os homes/mulleres (de tódolos tempos e razas) se salven e cheguen ao coñecemento da verdade”. 

Nunca, como agora, as nacións de maioría cristiá (Europa/América) tiveron as oportunidades e urxencia para superar o pasado escurecido por enfrontamentos e divisións. Nunca.como agora, foi tan posible o dialogo intra/relixioso. Os cristiáns, xuntos/unidos, temos a obriga de levar a Boa Nova aos pobres, a liberdade/xustiza aos oprimidos, a luz aos cegos, a esperanza aos desherdados e a ilusión/ledicia e a paz ao mundo...Os pobres están diante nosa nos inmigrantes, nos sen traballo, sen papeis, sen pan...sen acollida, sen agarimo, sen amor...

A globalización económica facilita a libre circulación de capitais, mercancías, negocios, divisas, e sen embargo levanta muros e barreiras para impedir a libre circulación das persoas. Vergoña para este mundo que dicimos “civilizado e moderno”. Se no temos en conta ao ser humano, as súas conviccións e crenzas ¿de que estamos a falar cando falamos da persoa humana e dos dereitos humanos!? ¡Precisamos sinais de unidade e coherencia os cristiáns/ás do noso tempo! É a nosa tarefa pendente. O Evanxeo é Boa Nova para o mundo enteiro.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES