Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A escola Habanera dos Vilares

martes, 27 de septiembre de 2016
A escola Habanera dos Vilares Sinto sana envexa ao ver escolas habaneras da Terra Chá e mesmo de Guitiriz restauradas e cheas de actividade. Cheas tamén de historia e de sacrificios, algunhas foron restauradas e postas en valor con actividades culturais e sociais desenvolvidas polas entidades parroquiais. A escola da Conchada, que data de 1923, e que da que conta a súa historia Segundo López nunha publicación, languidece con un uso limitado a algunha reunión, actos moi puntuais e escaso mantemento. Mentras outras se convertiron en centros cheos de vida e actividade, Os Vilares asiste á paulatina degradación do seu patrimonio. Os tempos de descargar responsabilidades en terceiros deben rematar e poñermos todos os esforzos en sumar a favor da parroquia e non só intereses de parte.

Independentemente dos titulos de propiedade, o patrimonio é responsabilidade de todos e debe estar para uso e disfrute do conxunto da parroquia. A súa infrautilización e escaso coidado perxudica a todos. A escola da Conchada debera ser o núcleo de revitalización social dos Vilares. A Conchada foi escola de numerosas xeneracións, algunhas delas ainda vivas que deben ver honrada a súa memoria e para eso precísase investir en mellorar a accesibilidade e habitabilidade, adecuala para un uso acaído aos tempos.

Hai modelos, exemplos a seguir de casas escola habaneras por Galiza adiante restauradas e con actividade. Hai convenios que chegaría con adaptar á parroquia. Falta o máis importante, vontade real. Os Vilares precisa dun tempo novo e positivo que sume, de diálogo e entendemento polo ben común. Precisamos aprender da lección daqueles vilaregos que desde a emigracion en ultramar investiron en cultura na parroquia, en escolarizar a quen deixaron na aldea cando cruzaron o Atlántico para gañar o pan. Hoxe máis que nunca, son un exemplo e a Conchada o seu legado. Poñela en valor é a mellor homenaxe a aqueles veciños, moito mellor que ningunha placa ou estatua... Aínda estamos a tempo.

Antón Tenreiro Ferreiro, é Presidente da Asociación Sociocultural Lareira de soños.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES