Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deputado Mini

domingo, 25 de septiembre de 2016
Chámase Xosé Luis Rivas Cruz, pero todos os galegos lle chamamos Mini. E os que somos seus amigos sabemos que camiña sempre dereito, que escribe con regos dereitos, que dedicou a súa vida ao ensino, pero especialmente á música, que ten por parella musical a Mero. E que xuntos levan feito historia –son historia viva de Galicia, por selo da súa música- pero son historia viva, que se move, que canta e berra, que sorrí e acariña, que por onde que vaia (calquera dos dous) levan o corazón na man, Galicia nos beizos, na fronte unha estrela, e no bico un cantar.

Mini anda metido na política, sempre no nacionalismo, sempre no Bng, e chegou a Alcalde de Boimorto, o seu concello de residencia non moi diferente da nosa plana Terra Chá. A primeira moción de censura desta lexislatura apeouno da alcaldía e, de paso, cargouse un monumental Encontro de Reiceiros que Mini viña organizando desde hai unha ducia de anos, facendo vivos de novo os Cantos de Reices daquela comarca.

Mini ía de segundo pola Coruña, polo Bng, e o Bng ven de sacar dous pola Coruña… pois noraboa ao amigo, e noraboa ao Bng por saber quen teñen nas súas filas. Mini é dos que se deixan a pel no seu traballo, na súa misión.

Foi mestre especial toda a vida, que os seus alumnos percibían moito máis do que os libros poñen, especialmente moito máis do que os libros poñen do país… El foi – “alma, corazón e vida”, dí o bolero- cerna de Fuxan os Ventos (pensade que cando poño Mini poño Minimero ou Meromini) e agora raíz e talo de A Quenlla. E que o primeiro artigo da súa doutrina personal, que me pon os pelos de punta cando lla oio cantar é “imos estando por aqu텔 e remata:

E aquí estaremos ó final
en pé de Matria comunal
coa luz na porta.
Con esa luz que nos negou
tanta mentira que borrou
a nosa historia… imos estando por aquí, levamos séculos aquí…

E Mini é, desde hoxe, Deputado no Parlamento de Galicia, entrando pola porta grande despois dunha difícil contenda electoral onde o Bng superou expectativas. E Mini no Parlamento vai ter un importante papel, pois o bagaxe que o acompaña é inmenso, ten a experiencia de mil batallas, está valado pola loita continuada, interminable, pola terra, polo idioma, polo país.

Prestade atención ao Deputado Mini que comeza a estar “por al텔, no Parlamento. Para facerse escoitar. Para falar. E sempre –coñézoo hai case corenta anos- para falar con xeito, para falar alto e claro, para falar coa xente, para falar da xente, para facer país.

Deputado Mini… Contigo, no Parlamento, entra a nosa canción, entra a nosa vida, entra a nosa historia… Entra o amigo (noso e de Galicia) que tiña que entrar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania