Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empezar bravo, acabar manso

lunes, 26 de septiembre de 2016
No momento que estades a ler xa se saben moitas cousas: quen ganou as eleccións galegas, quen ganou as vacas e quen disparou nun esperpento máis ianqui (sinceramente, cada vez me preocupan menos esas matanzas nese país que deixa que as casas estean cheas de armas e que os pais llas ensinan a disparar a cativos de cinco anos).

Tamén xa sabemos o que facer ante a masacre do Alepo: acochar a cabeza coma as avestruces. Pero no momento que escribo isto (sábado pola noite) eu si sabía e si sei o que acontecerá o luns: que ando en plena vendima e que, como comprenderedes, non teño moitas ansias de falar dos puntos comentados. Confeso que nin agora mesmo teño moitas ganas de escribir (pero o deber obriga) e, por suposto, que o luns malditas as ganas de pensar no que puiden haber escrito.

Hoxe (sábado) aínda o levo ben porque o primeiro día sempre se leva ben por aquilo de que inicias un traballo coa familia e entre parola e parola o cansazo non o notas moito. Pero sei que entre mañá (domingo) e o luns (no momento da vosa lectura) este molgués non estará para moitas bromas.

É algo que levo xa anos analizando: que empezas a vendima moi bravo e moi pavero, pero segundo van quedando as gabias libres de uvas, a bravura empeza a amansarse e a simpatía baixa pouco a pouco ó simple sorriso... e menos mal!
Incluso chega o momento que xa nin contestas; polo cansazo e porque a boca tela máis que pastosa e a lingua non se desliza por esa secura.

Mais, tranquilos todos, aínda teño vendima ata o mércores. Aí é nada! Menos mal que Galicia tamén sabe producir heroes agrícolas ou vitícolas. Debería lanzar unha gargallada por iso, pero a estas alturas (luns) remito o asunto a liñas atrás.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania