En Vigo, ¡todos a unha!
							Editorial - lunes, 22 de enero de 2007
							  Hoxe vemos Vigo coa maior admiración. Porque foron capaces de poñerse todos de acordo, políticos e non políticos, do que queren para a súa cidade.
Queren o AVE entre Vigo e Ourense, e para que non haxa dúbidas, e malia un áspero debate propio de calquera pleno municipal, puxéronse de acordo PP, PSOE, BNG e PG, para que o Goberno se pronuncie e garanta que Vigo vai contar co AVE.
E cos políticos, os empresarios. A confederación de Empresarios de Pontevedra, o Club Financiero e as catro Cámaras de Comercio da provincia: Vigo, Pontevedra, Arousa e Tui.
Noraboa, Vigo, porque así se fai unha cidade; así se constrúe o futuro, poñéndose todos de acordo nas cousas importantes, pasando por encima de bandeirías ou trifulcas domésticas.
Moito nos queda que aprender ós galegos sobre como pedir, esixir e obter cousas. Neste caso, en Vigo está o exemplo.
							
							
							Editorial
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora